Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996 pola que se anuncia -trámite de urxencia- licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave CD/PO/96.1, CD/PO/96.2, N/LU/91.2.

A) Obras.

1. Mellora do firme en estradas da zona norte da provincia de Pontevedra. Convenio coa Deputación de Pontevedra 11-11-1996.

Clave: CD/PO/96.1.

Orzamento: cento noventa millóns de pesetas (190.000.000).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 3.800.000.

2. Mellora do firme en estradas da zona sur da provincia de Pontevedra. Convenio coa Deputación de Pontevedra 11-11-1996.

Clave: CD/PO/96.2.

Orzamento: cento corenta millóns de pesetas (140.000.000).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 2.800.000.

3. Acondicionamento LU-1.612 Ferreira do Valadouro-Cangas de Foz.

Clave: N/LU/91.2.

Orzamento: catrocentos noventa e nove millóns novecentas setenta e tres mil cento vinteúnha pesetas (499.973.121).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría c.

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 9.999.462.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

A proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se lle xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día día natural, que non coincida en sábnado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-19939)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

128