Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da plataforma da Gudiña a Lalín. P.Q. 118,000 ó 130,800. Treito: Monforte-Escairón.

Adxudicatario: Elsan, S.A.

Orzamento: 64.753.300 ptas.

Proxecto de construcción PO-244. Treito: Arcade-Ponte-Caldelas.

Adxudicatario: U.T.E. Sacyr, S.A. - Cimsa

Orzamento: 625.115.200 ptas.

Acondicionamento da estrada AC-141. Ramal de N-651 a Capela. Treito: Cabañas-A Capela.

Adxudicatario: Cuiña, S.A.

Orzamento: 56.085.163 ptas.

Mellora da capa de rodadura en OUR-122 Sobradelo a Puebla de Sanabria P.Q. 0,000/10,075 límite provincia-cruce con OUR-123.

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 33.736.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

0127