Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, de corrección de erros da do 23 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no Milladoiro, concello de Ames, A Coruña.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 254, do día 31 de decembro de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 12.083, columna esquerda, apartado correspondente á clasificación empresarial, onde di: «grupo: C, subgrupo: todos, categoría: d)», debe dicir: «grupo: C, subgrupo: todos, categoría: c)».

A publicación da presente resolución comportará a reapertura do prazo de presentación de ofertas e o conseguinte retraso na súa apertura.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1997.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9562