Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións de contratos que se identifican a seguir:

1. Contratos administrativos de obras.

Forma de adxudicación: a totalidade de contratos administrativos de obras que de seguido se identifican foron adxudicadas, logo de tramitación do pertinente expediente administrativo, mediante procedemento negociado sen publicidade, ó abeiro do disposto no artigo 141.d) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

1.1. Obxecto do contrato: complementario ó proxecto técnico reformado de construcción de pista de atletismo de 8 rúas, no campus universitario da Coruña.

Contratista: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Importe da adxudicación: 46.341.261 ptas.

Data de adxudicación: 8 de novembro de 1996.

1.2. Obxecto do contrato: complementario ó proxecto técnico reformado de construcción dunha piscina cuberta no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, 1ª fase. Pontevedra.

Contratista: Construcciones Ramírez, S.L.

Importe de adxudicación: 30.025.049 ptas.

Data de adxudicación: 8 de novembro de 1996.

1.3. Obxecto do contrato: complementario ó proxecto técnico reformado de construcción dunha piscina cuberta en Lavadores, Vigo. Pontevedra.

Contratista: Feyju Galicia, S.L.

Importe de adxudicación: 29.207.786 ptas.

Data de adxudicación: 11 de abril de 1996.

1.4. Obxecto do contrato: complementario ó de construcción dun pavillón polideportivo no concello de Valga. Pontevedra.

Contratista: Construcciones José Antonio Noya Romay.

Importe de adxudicación: 5.119.813 ptas.

Data de adxudicación: 30 de abril de 1996.

1.5. Obxecto do contrato: complementario ó de piscinas públicas no concello de Padrenda. Ourense.

Contratista: Extraco, S.A.

Importe de adxudicación: 8.068.281 ptas.

Data de adxudicación: 29 de outubro de 1996.

1.6. Obxecto do contrato: adecuación do edificio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, 1ª fase.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso público.

Contratista: Construcciones Abal, S.A.

Importe de adxudicación: 26.470.000 ptas.

Data de adxudicación: 29 de xullo de 1996.

2. Contratos privados.

Procedemento e forma de adxudicación: procedemento aberto e concurso público.

2.1. Obxecto do contrato: contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

Contratistas-asegurador: Asistencia Sanitaria Interprovincial de Seguros, S.A. (ASISA).

Importe de adxudicación-prima anual: 17.748.000 ptas.

Data de adxudicación: 8 de outubro de 1996.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

P.D. (Orde do 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

0107