Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de decembro de 1996 pola que se autoriza a inclusión da escola privada de música Allegro, de Teo, no rexistro de escolas de música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, no seu artigo 1º, establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música pola escola privada de música Allegro, de Teo, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.

A escola, da que se sinalan os datos no anexo a esta orde, queda incluída no rexistro de escolas de música.

Segundo.

A escola de música citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993), e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Denominación específica: escola de música Allegro.

Titular: Mercedes Nogueira Rodríguez.

Domicilio: centro comercial Os Tilos. Local 54-55.

Localidade: Teo.

Provincia. A Coruña.

9578