Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 1996 pola que se resolve a concesión de axudas para a cobertura de parte dos xuros a centros privados concertados de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistas as solicitudes presentadas e unha vez verificado que se cumpren os requisitos establecidos na Orde do 4 de xuño de 1996, pola que se establecen axudas para a cobertura de parte dos xuros que deberán aboa-los titulares dos centros privados concertados de ensino no universitario da Comunidade Autónoma de Galicia polo préstamo bancario para a adaptación das instalacións ás ensinanzas da Lei orgánica 1/1990, xeral do sistema educativo.

Tendo en conta os criterios establecidos na dita orde, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Concedérlle-las axudas, coa contía que se especifica, ós centros que se relacionan no anexo da presente orde.

Para o pagamento das ditas axudas os beneficiarios deberán presentar, no caso de que non o tivesen feito e con anterioridade ó 31 de decembro de 1996, a documentación que se establece no punto décimo cuarto da referida Orde do 4 de xuño de 1996.

A presente orde esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra ela recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CentroConcelloProvinciaSubvención

adxudicada

1BayónRibeiraA Coruña4.029.379
2Hogar S. MargaritaA CoruñaA Coruña5.000.000
3Liceo La PazA CoruñaA Coruña5.000.000
4Calasanz FemininoA CoruñaA Coruña5.000.000
5A Ponte PasaxeCulleredoA Coruña995.499
6Rías AltasCulleredoA Coruña926.282
7Jorge JuanFeneA Coruña1.952.937
8S.J. BoscoA CoruñaA Coruña3.144.895
9Valle Inclán IFerrolA Coruña1.114.623
10Luis VivesPontedeumeA Coruña1.057.136
11AyalaNarónA Coruña1.056.917
12Efa El PiñeiralArzúaA Coruña1.689.137
13Efa FonteboaCoristancoA Coruña1.301.079
14Divino MaestroSantiago de

Compostela

A Coruña3.011.640

15María AuxiliadoraLugoLugo5.000.000
16Divina PastoraLugoLugo1.797.014
17Asoc. Emple. RenfeMonforte de

Lemos

Lugo1.141.513
18Divino MaestroLugoLugo4.000.247

19La PurísimaOurenseOurense3.149.588
20Sto. ÁngelOurenseOurense4.969.404
21Vila do ArenteiroO CarballiñoOurense1.486.953
22Sagrado CorazónCelanovaOurense975.082
23Divino MaestroOurenseOurense5.000.000

24Andersen AugalongaVigoPontevedra2.999.033
25Santiago ApóstolSoutomaiorPontevedra2.061.704
26Ángel de la GuardaNigránPontevedra3.239.903
27S. Blas de Vista AlegreVigoPontevedra1.585.113
28El divino SalvadorVigoPontevedra 2.923.380
29NebrijaVigoPontevedra1.408.244
30Miguel de CervantesVigoPontevedra1.008.642

CentroConcelloProvinciaSubvención

adxudicada

31AbrenteSanxenxoPontevedra1.110.181
32Divino MaestroVigoPontevedra2.032.745
33Martín CódaxVigoPontevedra3.831.728

9577