Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se concede a transformación dunha unidade de EXB en unidade de 2º ciclo de educación infantil, no centro privado Karbo, da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Karbo, da Coruña, en solicitude de transformación dunha unidade de EXB en unidade de educación infantil-2º ciclo no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Resultando que o centro obtivo, por Orde do 4 de febreiro de 1986, a clasificación definitiva para 8 unidades de EXB.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15-12), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizarlle ó centro privado Karbo, da Coruña, a transformación dunha unidade de EXB en unidade de educación infantil-2º ciclo.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Ramón Cabanillas, 2-1º.

Denominación: Karbo.

Titular: Ramón Carrasco Navarro.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades autorizadas: 2.

Unidades transformadas de EXB a 2º Ciclo Ed. Infantil: 1.

Total unidades 2º ciclo educación infantil: 3.

Nivel: educación primaria/EXB.

Unidades autorizadas: 8.

Unidades transformadas de EXB a 2º ciclo Ed. Infantil: 1.

Total unidades de educación primaria/EXB: 7.

9580