Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Vibey, nº 4551.1, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación denominada Vibey nº 4551.1, situada en terreos do concello de Viana do Bolo, provincia de Ourense, e solicitado por Piorsa, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten, un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nesas oficinas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9686