Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/216-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: Cambio de tensión 10/20 Palmeira.

Situación: Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: proxecto de cambio de tensión de 10 a 20 kV, das seguintes instalacións:

-Liña eléctrica aérea que, partindo da subestación de Palmeira, por un lado se diríxese ó C.T. Insuela e por outro lado ata a Pobra do Caramiñal C.T. de Campiño.

-Centros de transformación aéreos de Orsón (160 kVA) e Campiño (160 kVA) e en Caseta de San Pedro (160 kVA), Insuela (250 kVA), A Lomba (250 kVA), A Rochela (400 kVA) e Baquero (400 kVA). Ribeira e a Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9426