Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 370

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (110/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela nas actuacións de xuízo de faltas nº 110/1994, que se seguen, por lesións en accidente de tráfico, cítase a Carmen Rodríguez Facal, en calidade de denunciada e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 15 de xaneiro de 1997, ás 10.10 horas compareza na sala de audiencias nº 3 que corresponde a este xulgado, sito no primeiro andar do edificio dos xulgados, rúa Viena nº 1-3,

polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode comparecer asistida de avogado e advertíndolle que deberá comparecer cos medios de proba dos que intente valerse e que, de non o facer recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación a Carmen Rodríguez Facal, expido, selo e asino a presente cédula.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

8881