Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZASEIS DE MADRID

EDICTO de poxa (234/1989).

O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dezaseis de Madrid fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 234/1989, se seguen autos de declarativo menor contía-reclamación de cantidade, por instancia da procuradora Consuelo Rodríguez Chacón, en representación de Clínica La Luz, S.A., contra Mercedes Quiroga e Antonio Pedreira Pérez, declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días o prezo do seu valor, o seguinte predio embargado ós demandados Antonio Pedreira Pérez e a súa esposa Mercedes Quiroga, sendo o predio embargado o sito na avenida Ramón Ferreiro de Lugo, 19, piso 2 D.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Capitán Haya, 66, terceira planta, 28020, Madrid, o vindeiro día seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 17.731.198 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores acreditar que consignaron o 50% do tipo na conta de depósitos e consignacións do xulgado, aberta no BBV (Banco Bilbao-Vizcaya) co número 26000-7.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 50% do tipo do remate.

4. Poderase face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro, soamente polo executante.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e que cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros; faise constar que o día de exhibición de actuacións ós posibles licitadores, fixouse neste xulgado os mércores de 10.30 a 12.30 da mañá.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

8. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro seis de marzo, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día tres de abril, tamén ás once horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Madrid, vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

0058