Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 1997 Páx. 310

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 1/1997, do 9 de xaneiro, polo que se nomea rector magnífico da Universidade da Coruña ó profesor doutor José Luis Meilán Gil.

Os estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 253/1992, do 10 de setembro (DOG nº 182, do 17 de setembro de 1992 e corrección de erros no DOG do 5 de novembro de 1992) dispoñen, no seu artigo 63.1º, que lle corresponde ó claustro universitario a elección do rector, que será nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia.

Recibido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria escrito da Universidade da Coruña polo que se remite a acta da sesión do claustro da devandita universidade do día 18 de decembro de 1996, na que se fai constar que o profesor doutor José Luis

Meilán Gil foi elixido para o cargo de rector por maioría absoluta, cómpre, en cumprimento do disposto legalmente, proceder ó oportuno nomeamento.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo de 1983), reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (DOG nº 208, do 28 de outubro de 1988), por instancia do claustro universitario da Universidade da Coruña, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomeo rector magnífico da Universidade da Coruña ó profesor doutor José Luis Meilán Gil.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9699