Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da xestión do centro socio-sanitario Residencia asistida para persoas maiores de Laraxe (Cabanas-A Coruña) en réxime de concesión.

-Obxecto do contrato: cestión do servicio público de explotación do centro socio-sanitario Residencia asistida para persoas maiores de Laraxe, en réxime de concesión.

-Tramitación: anticipada de gasto.

-Forma de adxudicación: concurso público aberto.

-Orzamento base: prezo praza/día asistida: 6.900 ptas. IVE incluído.

Prezo praza/día válida: 3.900 ptas. IVE incluído.

-Duración do contrato: 5 anos, con posibilidade de prórroga durante 3 máis.

-Fianza provisional: 35.750.000 ptas.

-Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas e técnicas estarán á disposición dos interesados na copistería Copynino (r/ Xeral Pardiñas, 2 - Santiago de Compostela, Tel. (981) 58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de trinta días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente concurso no DOG, e a presentación delas realizarase no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, antes das 14 horas do último día do prazo sinalado.

-Documentación a presentar polos licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas.

-Apertura de ofertas: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

9608