Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 1997 Páx. 297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de equipamento para a realización dos traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1997 (0701).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición de equipamento para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1997 (0701), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso:

Orzamentos de licitación: trinta e nove millóns trescentas oitenta e seis mil pesetas (39.386.000 ptas.).

As ofertas presentaranse pola totalidade ou por lotes independentes.

-Lote 1: 200 traxes ignífugos (camisa e pantalón) a 14.000 ptas./ud., IVE incluído, 2.800.000 ptas.

-Lote 2: 1.000 monos algodón ignifugado a 7.000 ptas./ud., IVE incluído, 7.000.000 de ptas.

-Lote 3: 1.200 pares de botas coiro hidrofugado a 6.500 ptas./par., IVE incluído, 7.800.000 ptas.

-Lote 4: 300 cascos de protección a 1.500 ptas./ud., IVE incluído, 450.000 ptas.

-Lote 5: 1.500 pares de luvas de traballo a 1.050 ptas./par., IVE incluído, 1.575.000 ptas.

-Lote 6: 700 máscaras antifume a 2.200 ptas./ud., IVE incluído, 1.540.000 ptas.

-Lote 7: 800 batelumes a 2.750 ptas./ud., IVE incluído, 2.200.000 ptas.

-Lote 8: 600 lentes de protección a 1.160 ptas./ud., IVE incluído, 696.000 ptas.

-Lote 9: 500 cintos a 1.900 ptas./ud., IVE incluído, 950.000 ptas.

-Lote 10: 10.000 m de mangueira, racorada en tramos de 20 m a 15.750 ptas./tramos, IVE incluído, 7.875.000 ptas.

-Lote 11: 200 baterías para equipo de radiocomunicación portátil a 13.500 ptas./ud., IVE incluído, 2.700.000 ptas.

-Lote 12: 200 mochilas de extinción a 19.000 ptas./ud., IVE incluído, 3.800.000 ptas.

Total: 39.386.000 ptas.

Clasificación: non é necesaria.

Plazo de entrega: 15 días contados a partir da sinatura do contrato.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 10 de febreiro de 1997.

A apertura de proposicións terán lugar en acto público ás 13 horas do día 14 de febreiro de 1997 na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

0013