A dirección xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de
xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Contratación da instalación e prestación do servicio de televisión e telefonía nos edificios do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.
Canon mínimo anual: 313.000 ptas. (1.000 ptas. por TV instalado) e 396.000 ptas. (1.000 ptas. por teléfono instalado).
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 16/96, tramitado con carácter ordinario.
Prazo de execución: 4 anos desde a sinatura do contrato.
Admisión de variantes: si, sempre que se cumpra o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.
Solvencia económica e financeira: ecreditarase por algún dos medios sinalados no apartado 8.1.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica: acreditarase polos medios sinalados no apartado 8.1.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.
Clasificación económica: non se require.
Fianza provisional: 100.000 ptas.
Fianza definitiva: 4% do canon anual.
Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación do Complexo Hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de Administración, planta baixa), de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas.
Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o citado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do Complexo Hospitalario, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou
festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adjudicatario do contrato.
Ourense, 3 de decembro de 1996.
Pedro A. Soler Bordoy
Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense
9615