Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.
Denominación: L.M.T. Subte. e CC.TT. en unidade actuación nº 15 norte (Inmbl. Irco).
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea realizada con conductor D.H.Z.1, 12/20 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 750 metros. Dous centros de transformación de 630 kVA 20.000/B2 5201C, para subministración de enerxía eléctrica a unidade de actuación nº 15 norte (inmobiliario Irco), en Lugo.
Orzamento: 11.202.381 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 26 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9350