Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/167-2-4657 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: reforma subestación Magazos.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: instalación de interruptores en liñas varias e acoplamento de barras. Substitución peches e frontais de celas. Instalación de redes de sobreintensidade homopolar direccionais. Substitución da instalación de iluminación manual e emerxencia. Reforma cadro servicios auxiliares, para mellora da subestación Magazos, en Viveiro.

Orzamento: 15.339.417 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9349