Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/166-2-4656 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. desde C.T. Cantábrico a C.T. PPO Viveiro.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 840 metros, en conductor tipo D.H.Z.1-12/20 kV de 1x150 mm Al, para peche de anel entre as redes de media tensión de Covas a Viveiro.

Orzamento: 16.640.240 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 25 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9348