Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.
Denominación: reforma subestación Mercedes.
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: cambio do embarrado actual da subestación a pletina de cobre de 80x10. Cambio peches frontais das celas actuais. Cambio de interruptores automáticos. Realizar celas de SSAA e trafo aboados, para mellora da subestación Mercedes, en Lugo.
Orzamento: 37.644.775 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 25 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9347