Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/169-2-4661 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., en San Cibrao.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 15 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, tensado sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en San Cibrao-Lugo.

Orzamento: 3.428.248 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 27 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9354