Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 408/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación L.M.T.S. e C.T. en edificio Improsa, rúa Luis Aguiar, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. denominado Covi II ata o C.T. que se proxecta no edificio Improsa, na rúa Luis Aguiar, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, a 15/25 kV, de 110 metros de lonxitude, con conductor de 95 mm de sección.

C.T. de 160 kV, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 3.642.321 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de novembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9353