Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 409/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. de enlace subestación Bugarín con L.M.T. Ponteareas-Vilasobroso, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación Bugarín pasando polo centro de distribución da empresa Sestelo, ata a liña existente de Ponteareas-Vilasobroso, entre os apoios 14 e 15, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 390 m de lonxitude o tramo subterráneo conductor de 3x150 mm de sección, e 804 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 13.686.411 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de novembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9351