Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 08 de xaneiro de 1997 Páx. 231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/164-2-4647 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45-Ourense.

Denominación: L.M.T. saídas subestación Monforte de Lemos.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liñas de media tensión subterráneas a 20 kV, con conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150-3x240 mm Al, cunha lonxitude de 59 metros cada unha, a L.M.T. circuíto de reparto, circuíto telefónica e circuíto convento, para mellora do servicio eléctrico no sector. Concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 16.160.414 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 20 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9352