Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-263).

Por Decreto da Alcaldía nº 4709/1996, con data 18 de novembro de 1996, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade colaboradora de conservación da urbanización O Catasol, en Espiño-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 5 de decembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9422