Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-258).

Por Decreto da Alcaldía nº 4435/1996, con data 28 de outubro de 1996, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 28 (UE nº 28), en Aguieira-Dorneda, promovido por Sandra Ortega Mera.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 6 de novembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta