Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 29 de novembro de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente, con informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o plan especial para o desenvolvemento do sistema de equipamento comunitario para establece-las condicións urbanísticas do cemiterio municipal.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co artigo 8d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Contra este acordo poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a publicación deste edicto.

Narón, 2 de decembro de 1996.

Juan Gato Díaz

Alcalde

9441