Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-59/1996 e tres máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó

da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13

do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 10 de decembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-59/1996Jorge Lastra Rodríguez

Angoares-Ponteareas

Adestrar cans nun lugar autorizado, sen licencia de caza.Artigo 48.3º 43 da Lei 1/1970, de caza48 da Lei 1/1970, de caza1.000

C-124/1996Jorge Irago Villanueva

Igrexa, s/n, Tremoedo

Vilanova de Arousa

Cazar dentro do couto privado de caza PO-10124, carecendo de autorización. No momento da intervención, estaban calando un furón e colocando unha rede.Artigo 48.1º 8 e outra 48.2º 31 da Lei 1/1970, de caza48 da Lei 1/1970, de caza7.000

C-128/1996Clemente González Abal

Tarrío, 15, Caleiro

Vilanova de Arousa

Cazar con escopeta dentro do couto PO-10143 carecendo da autorización. Foi denunciado anteriormente este mesmo ano.Artigo 48.1º 8 da Lei 1/1970, de caza48 da Lei 1/1970, de caza4.000

C-129/1996Benito Chávez Paz

Tarrío, s/n, Caleiro

Vilanova de Arousa

Cazar con escopeta dentro do couto PO-10143 carecendo da autorización. Foi denunciado anteriormente este mesmo ano.Artigo 48.1º 8 da Lei 1/1970, de caza48 da Lei 1/1970, de caza4.000

9709