Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 13/1996).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 20 kV desde a subestación de Teixeiro ata o centro penitenciario da mesma localidade, no termo municipal de Curtis (expediente 13/1996), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica por Decreto 427/1996, do 29 de novembro, (Diario Oficial de Galicia do 10 de decembro de 1996), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléc

trica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Faise saber ós titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG de data 10-7-1996, que se expón actualizada no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Curtis, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 o representante da Administración, acompañado dun perito, constituiranse nos predios o día 29 de xaneiro de 1997, a partir das 12 horas, para a toma de datos e levantar a continuación na citada Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto de imposición de servidumes, e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do Regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular por escrito ante este delegación ata e naquel momento as alegacións para os efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9591