Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de concesión directa de explotación co nome Trema no concello de Catoira, por parte de Productos del Ulla, S.L.

A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia en Pontevedra, fai saber que Productos Ulla, S.L., con enderezo en r/ Tras de Veiga, nº 14, Catoira, presentou nesta delegación provincial, o día 24 de xaneiro de 1996, solicitude de concesión directa de explotación denominada Trema, dunha cuadrícula mineira, para recursos de arxila, que se sitúa no atermo municipal de Catoira, desta provincia, e que lle correspondeu o nº 2.717 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude-W Latitude-N

Vértice 1 8º41'40'' 42º41'20''

Vértice 2 8º41'20'' 42º41'20''

Vértice 3 8º41'20'' 42º41'00''

Vértice 4 8º41'40'' 42º41'00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 9 de novembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9716