Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 404/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha reforma L.M.T. Canteras de Budiño, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio número 5 da L.M.T. Salceda-Salvaterra ata o entronque coas liñas a Ortiz e Vda. de Marcelino Martínez no lugar de Forna-Budiño, concello do Porriño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 719 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos.

Orzamento: 2.794.018 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as recla

macións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8780