Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 131/1996 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo e Cía, con domicilio en Ponteareas, no que solicita autorización para instalar L.M.Ts. e 2 CC.TT. na urbanización Cooperativa de Vivendas Ponteareas (COVI) na rúa dos Mestres, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Sestelo e Cía, a instalación de L.M.Ts. e 2 CC.TT. na urbanización Cooperativa de Vivendas Ponteareas (COVI-Ponteareas) na rúa dos Mestres, concello de Ponteareas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 29 de outubro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9292