Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 1997 Páx. 187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da campaña de saneamento gandeiro de 1997.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxeto: contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización de actos clínicos da campaña de saneamento gandeiro de 1997, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a ela.

Orzamento de licitación: catrocentas noventa e oito millóns de pesetas (498.000.000 de ptas.).

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional: sesenta mil pesetas (60.000 ptas.).

Fianza definitiva: cento vinte mil pesetas (120.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias (San Caetano, s/n, Santiago).

Presentación de proposicións: as proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 6 de febreiro de 1997.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9500