Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 60

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996 pola que se anuncia a contratación, como expediente anticipado de gasto, do servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia.

Obxecto: servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia.

Orzamento máximo: 101.964.419 pesetas, IVE incluído.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 2.039.288 pesetas.

Fianza definitiva: 4.078.577 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1997.

Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 20 de xaneiro de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de administración da rede de datos da Xunta de Galicia, que presenta... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 23 de xaneiro de 1997.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboa-los con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9631