Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 61

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996 pola que se anuncia a contratación, como expediente anticipado de gasto, do servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA), con destino a tódalas consellerías e delegacións provinciais da Xunta de Galicia, polo sistema de concurso aberto, con trámite de urxencia.

Obxecto: servicio de apoio técnico-funcional á

explotación do sistema de xestión de procedementos

administrativos (SXPA).

Orzamento máximo: 90.000.000 de pesetas, IVE

incluído.

Documentos de interese para os licitadores: a

documentación poderá retirarse na Subdirección

Xeral de Contratación da Consellería da Presi-dencia

e Administración Pública os días e horas

hábiles de oficina, durante o prazo de presentación

de proposicións, situada no edificio central do com-plexo

administrativo de San Caetano, 2ª planta,

en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.800.000 pesetas.

Fianza definitiva: 2.600.000 pesetas.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3,

categoría C.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de

1997.

Modelo de proposición:o que figura como anexo

ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as propo-sicións

terán que presentarse en sobre pechado, no

rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa

do edificio administrativo central de San Caetano, San-tiago

de Compostela, ou por correo, da forma indicada

no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación

do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas

do día 20 de xaneiro de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado

pola Consellería da Presidencia e Administración

Pública da Xunta de Galicia para a contratación do

servicio de administración da rede de datos da Xunta

de Galicia, que presenta... en nome... (propio ou da

entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, nunha

das salas de reunións da Consellería da Presidencia

e Administración Pública (semisoto do edificio central

de San Caetano), ás 10 horas do día 23 de xaneiro

de 1997.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso

serán por conta do adxudicatario, que deberá aboa-los

con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública

9631