Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 60

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais, pola que se fan públicos os códigos e números de identificación das organizacións non gobernamentais incluídas no rexistro previsto na Orde do 4 de abril de 1994, pola que se crea o Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais.

Co fin de darlles publicidade ós datos que constan no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais, creado pola Orde do 4 de abril de 1994, no que respecta á inclusión no rexistro, referida no artigo 4 da citada orde, a Dirección Xeral de Relacións Institucionais, unha vez asignados os códigos e números de identificación correspondentes e efectuadas as notificacións ós interesados das resolucións estimatorias e desestimatorias das solicitudes de inscrición,

RESOLVO:

Considerar firmes e publica-las inscricións no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais, das que, co seu código de identificación, se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1996.

Alfonso Vaquero Marín

Director xeral de Relacións Institucionais

ANEXO

Relación de inscritos no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais.

-Fundación Galega de Iniciativas Culturais e Sociais Montecelo:SGPA-95/12-031

-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia: SGPA-96/1-032

-Promoción y Desarrollo (Proyde) SGPA-96/2-033

-Fundación Juan Ciudad: SGPA-96/3-034

-Asociación Boloncó: SGPA-96/4-035

-Meniños. Fundación Galega para a Infancia: SGPA-96/5-036

-Fundación de Artistas e Intelectuales por los Pueblos Indígenas de Iberoamérica: SGPA-96/6-037

-Arquitectos sin Fronteras-Galicia: SGPA-96/7-038

-Asociación de Damas Salesianas: SGPA-96/8-039

-Farmacéuticos Mundi-Delegación Galicia: SGPA-96/9-040

-Proyecto Mundo: SGPA-96/10-041

-FUNDAI-Ayuda a la Infancia: SGPA-96/11-042

-Ayuda en Acción: SGPA-96/12-043

-IGADI-Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional: SGPA-96/14-044

-Comité de Defensa Internacional del Niño Rey. Codiner: SGPA-96/15-045

-Axunica: SGPA-96/17-046

9630