Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 59

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (110/1994).

En virtude do ordenado por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeiro Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, nos autos de xuízo de faltas nº 110/1994, que se segue neste xulgado por lesións en accidente de tráfico, por medio da presente cédula de citación, cítase a Cesáreo Suárez Morao, en calidade de denunciado e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 15 de xaneiro de 1997 ás dez e dez horas, compareza na sala de audiencias nº 3, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, rúa Viena nº 1-3, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas; facéndolle

saber que pode acudir acompañado de avogado, e advertíndoo de que debe facelo cos medios de proba de que intente valerse, e que non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

9452