Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 59

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (421/1994-04).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 421/1994, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García Píccoli, contra José Ramón Gómez Álvarez e María José Botana Balo, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Urbana: casa composta de soto e planta baixa, destinada a vivenda unifamiliar, no lugar de Veiga de Arriba, na zona de concentración parcelaria de Cacheiras-Recesende, concello de Teo, que ocupa unha superficie de cento quince metros cadrados, a cal xuntamente co terreo non edificado constitúe un só predio da extensión total de sete áreas e setenta centiáreas. Linda: norte, Iryda, masa común (918); sur, Alcira Sánchez Feros (922) e Antonia Taboa Rego (923); leste, resto do predio matriz (921) e oeste, camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 541, libro 177 de Teo, folio 65, predio 18.692.

Os ditos bens foron valorados na suma de 13.045.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día 19 de febreiro de 1997, ás 9.45 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán proposicións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo

menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer proposición a calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel o importe da consignación.

Quinta: os títulos de propiedade dos bens atópanse de manifesto na secretaría para que poidan examinalos os que queiran tomar parte na poxa, prevíndose ademais que os licitadores deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningúns outros.

Sexta: as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día 20 de marzo de 1997, ás 9.45 horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 22 de abril de 1997, ás 9.45 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9513