Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 37

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pescanova Chapela, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-10-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 23-9-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de novembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Pescanova Chapela, S.A.

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A., e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo, situado en Chapela-Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo abrangue a todo o persoal do cadro nas súas distintas categorías profesionais existente no momento da sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 cun período de duración ata o 31-12-1996.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan

Este convenio colectivo concértase entre Pescanova Chapela, S.A., representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera e Ángel González de Thus, e o seu comité de empresa, como representación legal dos traballadores, composto polo membros que abaixo asinan.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a súa vixencia e por disposicións legais puidesen establecerse.

Agás o especificado no artigo 21º do presente convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dalgún ou dalgunhas condicións máis beneficiosas deberá conservalas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

No caso de que existan discrepancias entre as partes e non logren chegar a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicaráselle ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Contratos en prácticas e de aprendizaxe.

A empresa poderá contratas traballadores en prácticas e aprendices, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato de aprendizaxe, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe:

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínima de 6 meses.

Idade: de 16 a 23 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que debe adquiri-lo aprendiz.

Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número de aprendices non superará o 5% do persoal fixo.

Artigo 10º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar os traballadores a que se refire o artigo 13 do presente convenio, en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e en terceiro lugar as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas concedéndolle-lo emprego en todo caso se superan as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará de acordo co establecido no artigo 6º no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segunda a índole do labor que se vai realizar, de acordo coa seguinte escala:

Técnicos titulados: seis meses.

Titulados de grao superior, Contr. prácticas: dous meses

Titulados de grao medio, Contr. prácticas: un mes

Contratos de aprendizaxe: quince días

Resto do persoal: quince días

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa, poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen aviso previo nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará, durante o período de proba, a retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 12º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal que teña a capacidade física ou intelectual diminuída por idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan eses postos. Igual criterio seguirase cos que se encontren na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para iso terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios, e a empresa poderá cubrir, entrementres, provisionalmente os ditos postos durante un período máximo de quince días.

Artigo 13º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas, cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de domicilio, e se efectúa dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberá comunicárselles ós afectados e ó comité de empresa cunha antelación de 30 días naturais, agás acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino, e conservarán a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.

O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, pero conservará en todo caso como

garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso, e como condicións máis beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no artigo 35º sobre complemento de I.T. do convenio de Pescanova Chapela, S.A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal trasladado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.

En caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicaría na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa deberá compensalo por iso. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables achacables ó transporte, se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións ca na actualidade, aínda que se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario deberá pactarse ou ben individualmente ou ben co comité de empresa.

Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 30-4-1997.

Artigo 14º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excendencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas regulado no Estatuto dos traballadores.

A empresa queda obrigada, para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras de oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 15º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

Persoal de factoría e terra:

Factoría e terra (quenda de mañá)

De luns a venres de 6.45 horas a 14.45 horas, con descanso de quince minutos.

Factoría e terra (quenda de tarde)

De luns a venres de 14.45 horas a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.

Factoría e terra (quenda de noite-limpeza)

De luns a venres de 22.45 horas a 6.45 horas, con descanso de quince minutos.

Persoal de oficina:

Primeira quenda

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres

de 8 a 13 horas os sábados

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas os luns a venres

de 8 a 13 horas os sábados

Segunda quenda

Horario de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 17-6 ó 20-9 para o ano 1995.

Nas cámaras que teñan que estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º, a permanencia no interior destas será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carreteiros) concederáselles un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que se realizarán no exterior das cámaras.

De mutuo acordo entre a empresa e o comité, realizarase o calendario anual, que abranguerá a relación de días non laborables e período de vacacións efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaranse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, e respectaranse o número de horas efectivas anuais (1.749).

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fose necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias

autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos.

-Incidencias nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas ou I.T.

-Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias.

-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.

As horas extraordinarias estructurais pactaranse co comité de empresa.

Artigo 17º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, e aboaránselle estas coa retribución do salario da táboa anexa maila antigüidade. A forma da súa realización para o persoal da sección industrial será, como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo deben cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixa, ó ano seguinte corresponderanlle as datas alternativas.

Todas aquelas persoas que estean en situación de I.T. durante o período de vacacións poderán desfrutalas en calquera outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data, se ben de forma preferente entre os meses de xuño a setembro.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Casamento: 15 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós e fillos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns e fillos políticos: 3 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retri

buídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos, no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos e pais políticos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas de recoñecementos médicos en centros sanitarios, no que se inclúe a Casa do Mar, con xustificante médico: 1 día.

Nos casos nos que se teña que acompañar ó cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, a Madrid ou outras cidades fóra da rexión: 3 días; e cando esta saída fose a Madrid a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditarase, en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Domaio, Cangas e Meixoeiro: o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concédenselles os mesmos dereitos á compañeira/o cá esposa/o, tanto nos casos de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse naturais.

Réxime económico

Artigo 19º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1996 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 3,5% máis 2.000 ptas. en cada unha das 16 pagas, incrementando o plus de convenio. O incremento porcentual, é dicir o 3,5%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás ás bolsas de vacacións, fondo social e seguro de accidentes (neste último caso aplicarase o 4%).

Artigo 20º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese correspoder por aplicación legal.

Artigo 21º.-Conceptos retributivos.

Salario base

Complementos salariais:

* Plus de convenio

* Antigüidade

* Plus de asistencia

* Prima de tarde

* Plus de noite

* Plus de traballos especiais

* Plus de sección corte de peixe

* Prima por traballo a baixa temperatura

* Plus de traballos penosos, insalubres, perigosos

* Plus controlista

* Pagas extraordinarias

* Bolsa de vacacións

* Plus de distancia

* Axudas de custo

Salario base

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.

Complementos salariais

Plus de convenio

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

Antigüidade

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 16 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 ptas.

b) Bienios que se cumprirán a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nos apartados a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.

Plus de asistencia

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Prima de tarde

Establécese unha prima por traballar na quenda de tarde que consistirá na cantidade de 7.038 ptas. mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 335 ptas./tarde.

Esta prima devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e polo plus de tarde.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.

Plus de noite

Incrementarase o plus actual nun 3,5%. Este plus aboarase nas pagas extras.

Plus de traballos especiais

Percibirase segundo consta na táboa salarial anexa.

Plus da sección de corte de peixe

Establécese un plus de 53 ptas./hora para as persoas que prestan o seu traballo no equipo da sección de corte de peixe. Tamén percibirá o dito plus o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorpore a este.

Prima por traballo a baixa temperatura

Establécese esta prima para os que desenvolven o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18ºC. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os conductores de carretas elevadoras, que de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 517 ptas.

Plus de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza percibirán un plus do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e mentres realicen o dito traballo.

Plus de controlista.

Establécese un plus de 231 ptas. por día traballado.

Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, plus de convenio, plus de distancia, prima de tarde, plus de traballos especiais e plus de traballos penosos, maila antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal laboral derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Bolsa de vacacións

Recoñéceselle a todo o persoal afectado polo convenio unha bolsa de vacacións de 47.000 ptas. que se fará efectiva coa paga de xullo.

Plus de distancia

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de plus de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

Axudas de custo

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custos de xantar de 1.656 ptas. Deberá daquela partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo as circunstancias, para poder realiza-lo dito xantar. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En casos especiais, co consentimento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da axuda de custos sen a partición da xornada laboral establecida.

Beneficios sociais

Artigo 22º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social española.

Ó se produci-la xubilación de acordo co disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos será gratificado con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 23º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador, ou no seu defecto a persoa que el designase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e catro pesetas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e catro pesetas para os primeiros casos, trece millóns novecentos noventa e nove mil stecentas corenta e oito pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e sete pesetas para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e catro pesetas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e

catro pesetas para os primeiros casos, trece millóns novecentas noventa e nove mil setecentas corenta e oito pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e sete pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite ó traballador, de xeito permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez, a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros da que se lle entregará unha copia oficial ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Complemento I.T.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 25º.-Fondo social.

A empresa destinará 5.264.000 ptas. para o ano de vixencia do convenio ó fondo social, que será distribuída polo comité de empresa para bolsas de estudio e outros fins sociais. A dita cantidade, acumulada ós restos que puidesen quedar do ano anterior, será distribuída ben durante este ano ou ben o próximo ano, aumentando no importe do fondo do dito ano.

Artigo 26º.-Utilización de servicios de comedor.

Todo o persoal da empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.

Artigo 27º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de Pescanova S.A., ou pensionistas desta, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova, S.A. na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

A) Pagamento a crédito.

1) Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de lista oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.

2) Marisco: prezo de lista oficial de Pescanova, cun desconto de 20 ptas./Kg.

3. Peixe enteiro/filetes/a granel: prezo de lista oficial de Pescanova.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre o prezo de lista.

B) Pagamento ó contado.

1) Producto elaborados/precociñados/vexetais, prezo de lista oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.

2) Marisco: prezo de lista oficial de Pescanova, cun desconto de 30 ptas./kg.

3) Peixe enteiro/filete/a granel: prezo de lista oficial de Pescanova, cun desconto de 3 ptas./kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre o prezo de lista.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Artigo 28º.-Fondo de pensións.

A empresa estudiará un plan de pensións para todo o persoal dela que no seu momento deberá ter carácter voluntario para os traballadores.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 29º.-Principio xeral.

As partes que asinan o presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 30º.-Recoñecementos médicos.

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que será efctuado polo servicio médico de empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

Artigo 31º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e roupa de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco.

Artigo 32º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario deste, oído o comité de seguridade e hixiene da empresa. O dito vestiario será de dous equipos anuais e farase entrega del na primeira quincena do mes de xaneiro.

Debido á mobilidade funcional, a tódolos traballadores que teñan que ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei (modelo Frinova) e uns quentadores.

Dereitos sindicais

Artigo 33º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá o exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (R.d. lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 34º.-Asembleas.

Os traballadores de Pescanova Chapela, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 do E.T. terán dereito á celebración dentro da xornada laboral dun máximo de tres asembleas ó ano cunha duración non superior a trinta minutos cada unha.

A convocatoria e desenvolvemento destas asembleas regularase polo disposto no E.T.

Asínase en Chapela, vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Pola empresaPolo comité

Categorías

Salario

base

Plus

asistencia

Plus

convenio

Plus

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total

mes

Total

ano

I. Titulados
Grado Sup. e asimilados75.62113.847118.33010.484218.2823.437.124
Técnicos71.24212.53395.76310.338189.8762.987.884
Asistente social71.2426.41071.3339.099158.0852.503.704
Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano75.62156.804132.4252.118.800
b) Segundo ano75.62138.493164.1142.625.824
Titulado G. medio en prácticas

2.000
a) Primeiro ano71.24227.38098.6221.577.952
b) Segundo ano71.24250.620121.8621.949.792
Xefe métodos e tempos71.24212.39184.57210.238178.4432.805.524

II. Non titulados
Encargados producción71.2426.69165.4439.195152.5712.414.372
Técnico mantemento71.2426.53452.7259.1896.534146.2242.313.448
Encargado frigorista71.2426.57046.7479.19514.248148.0022.341.752
Encargado maior71.2426.61547.0899.19514.248148.3892.347.764
Creativo marketing71.2425.65557.5879.195143.6792.276.244
Contramaestre de 1ª71.2426.51239.2879.195126.2361.993.728
Capataces71.2426.46228.7929.195115.6911.825.208

III. Técnicos e procesos

de datos

Operador71.2426.49750.3119.195137.6952.175.332
Programador-operador71.2427.07557.4669.195144.9782.913.348
Programador71.2427.07555.1679.195142.6792.254.564
Técnico organización 1ª A71.2425.15050.5849.195136.1712.158.564
Técnico organización 1ª B71.2424.88847.7699.195133.0942.109.952

IV. Administrativos
Xefe de 1ª A71.2428.442106.9879.191195.8623.100.024
Xefe de 1ª B71.2427.45885.0799.191172.9702.737.688
Xefe de 1ª C71.2426.36282.2969.191169.0912.680.008
Xefe de 2ª A71.2427.15672.5199.191160.1082.533.104
Xefe de 2ª B71.2427.15465.4619.191153.0482.420.152
Xefe de 3ª71.2427.15461.5569.191149.1432.357.672
Oficial 1ª A71.2425.46053.5309.598139.8302.215.440
Oficial 1ª B71.4245.15049.6329.191135.2152.142.840
Oficial 2ª A71.2424.88846.4989.191131.8192.089.552
Oficial 2ª B71.2424.34538.7499.191123.5271.959.052
Auxiliar71.2423.81825.6559.191109.9061.743.224
Auxiliar de entrada71.2422.82213.9829.19197.2371.544.504
Axudante de laboratorio71.2423.81828.4439.191112.6941.787.832
Telefonista71.2424.34537.5169.191122.2941.939.324

V. Subalternos
Chofer camión71.2426.54247.2079.191134.1822.120.744
Ordenanza71.2422.83623.7073.183100.9681.604.144
Chofer71.2426.54242.1009.191129.0752.039.032
Conserxe mayor71.2424.30039.0269.191123.7591.962.944
Dependente principal71.2424.34538.7499.191123.5271.959.052
Dependente caixeiro71.2423.81825.6559.191109.9061.743.224
Auxiliar economato71.2423.81825.6559.191109.9061.743.224
Limpador 1/2 xornada35.6221.83314.4676.30458.226924.284

VI. Taller mecánico
Encargado71.2426.53553.7349.193140.7042.225.124
Oficial 1ª71.2426.53547.5359.193134.5052.125.940
Oficial de 2ª71.2426.48436.5059.193123.4241.948.848
Oficial 3ª71.2426.48431.0529.1937.124125.0951.975.584
Albañil oficial71.2426.48429.9569.193116.8751.844.064
Electricista 1ª71.2426.48447.3839.1937.124141.4262.236.880
Electricista 2ª71.2426.48437.0019.1937.124131.0442.070.768

Categorías

Salario

base

Plus

asistencia

Plus

convenio

Plus

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total

mes

Total

ano

Electricista 3ª71.2426.48434.3399.1937.124128.3822.082.176

VII Factoría e cámaras

oficios varios

Encargado71.2427.11129.9148.53014.248131.0452.068.276
Xefe de equipo71.2426.51227.9618.73114.248128.6942.033.056
Especialista71.2426.47216.8128.48614.248117.2621.850.296
Mozo71.2426.45414.6238.53014.248115.0971.815.736
Peón71.2425.39623.5699.193109.4001.728.816
Cociñeiro maior71.2426.87256.1889.18914.248157.7392.496.336
Cociñeiro comedor71.2426.50233.7939.1897.124127.8502.019.592
Cociñeiro71.2426.67229.9429.1937.124124.2631.961.160

VIII Especialistas
Especialista taller Mecáni.71.2426.47132.1429.189119.0441.878.820
Especialista albañil71.2426.47129.9559.189116.8571.843.828
Especialista prefrito71.2426.47116.8129.18914.248117.9621.861.508
Especialista cámaras71.2426.47116.8129.18914.248117.9621.861.508
Especialista operacións71.2426.47117.6309.18914.248118.7801.874.596

IX. Taller de reparación
Encargado/xefe equipo71.2426.53353.2749.1896.532146.4992.322.188
Oficial 1ª axustador71.2426.53347.5359.189134.4992.125.852
Oficial 2ª axustador71.2426.48436.5059.189123.4201.948.784
Oficial 2ª axustador71.2426.46231.8939.189118.7861.874.728
Oficial 1ª torneiro71.2426.53547.5349.189134.5002.125.860
Oficial 2ª torneiro71.2426.48435.2859.189122.2001.929.264
Oficial 2ª soldador71.2426.48435.2859.189122.2001.929.264

X. Sección industrial
Maestra operaria71.2426.02123.5348.41810.344121.5591.912.860
Especialista71.2427.98015.5828.4013.026106.5011.672.096
Operario/a71.2427.02415.5826.5192.900103.5371.628.496

XI. Rederia
Redero71.2426.51239.9569.189126.8992.004.336

XII. Servicio vixilancia
Xefe de guardiáns71.2426.53344.8749.189131.8382.083.276
Guardiáns terra71.2426.42323.7129.189110.5661.743.364

XIII. Inspec. Admon.

e cámaras

Inspector Admon. A71.2427.57187.2159.191175.2192.773.220
Inspector Admon. B71.2426.07554.9419.191141.4492.238.884
Inspector Admon. C71.2426.05449.8289.191136.3152.156.824
Xefe de tráfico71.2426.61161.0789.191148.1222.343.508

9458