Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 1997 Páx. 11

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 26 de decembro de 1996 pola que se regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 1997/1998 e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de carne de vacún e dos que manteñan vacas nutrices para o ano 1997 na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CEE) 3508/1992 do Consello, do 27 de novembro, establece un sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, que ten como obxectivo fundamental

incrementa-la eficacia e rendibilidade dos mecanismos de xestión e control coa finalidade de que non se perciba unha dobre axuda con base nunha superficie concreta ou por un animal determinado.

No Regulamento (CEE) 3887/1992 da Comisión, do 23 de decembro, establécense as normas de aplicación do sistema integrado de xestión e control relativo ós réximes de axuda ós productores de determinados cultivos herbáceos e de prima en favor dos productores de carne de vacún e de carne de ovino e caprino.

Polo que se refire a cultivos herbáceos, o Regulamento (CEE) 1765/1992 do Consello, do 30 de xuño, estableceu un réxime de apoio ós productores de cereais, oleaxinosas, proteaxinosas e de liño non téxtil, baseado na concesión de pagamentos compensatorios. Este regulamento foi complementado polo Regulamento (CE) 1598/1996 do Consello, do 30 de xullo, polo que se establece a obriga de retirar terras para a campaña de 1997/1998.

As disposicións de aplicación dos pagamentos compensatorios mencionados establécense nos regulamentos (CE) da Comisión 658/1996, do 9 de abril, 334/1993, do 15 de febreiro, e 762/1994, do 6 de abril.

Por outra parte, o Regulamento (CE) 1577/1996 do Consello, do 30 de xullo, polo que se establece unha medida específica en favor de determinadas leguminosas de gran, prevé unha axuda por hectárea para as sementes de lentellas, garavanzos, vezas e ervellas bravas, cunha superficie máxima garantida de 400.000 ha para o conxunto da Unión Europea. Así mesmo, establece que se aplicará o sistema integrado de xestión e control á dita medida.

As disposicións de aplicación do dito regulamento establécense no Regulamento (CE) 1644/1996 da Comisión, do 30 de xullo.

Polo que se refire ás primas gandeiras, o Regulamento (CEE) 805/68 do Consello, do 27 de xuño (que a súa última modificación a constitúe o Regulamento (CE) 2222/1996, do Consello) polo que se establece a Organización Común de Mercados no sector da carne de vacún, establece, nos seus artigos 4 ter e 4 quinquer, respectivamente, unha prima especial en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación bovinos machos, e unha prima en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices. Por outra parte, neste último caso, establécese desde o ano 1993 un límite individual por productor de dereitos á prima.

Así mesmo, o artigo 4 octies do mesmo regulamento dispón que o número de animais subvencionables estará limitado pola aplicación dun factor de densidade gandeira por explotación.

As disposicións de aplicación destas primas nos aspectos máis específicos recóllense no Regulamento (CEE) 3886/1992 da Comisión, do 23 de decembro.

Por outra parte, o Regulamento (CEE) 3013/89 do Consello, do 25 de setembro, polo que se establece a Organización Común de Mercados no sector das carnes de ovino e caprino, prevé, no seu artigo 5, a concesión dunha prima en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, co obxecto de compensa-la perda de renda dos mesmos durante a campaña de comercialización. Así mesmo, no seu artigo 5 bis, o dito regulamento establece, a partir da campaña 1993, un límite individual de dereitos á prima por productor.

O Regulamento (CEE) 2700/1993, polo que se establecen as disposicións de aplicación da prima en favor dos productores de ovino e caprino, na modificación introducida polo Regulamento (CE) 1526/1996 prevé que os productores de gando ovino e caprino dos que as explotacións se encontren cando menos nun 50 por cento en zona desfavorecida, declaren, a partir da campaña 1997, as superficies dedicadas á cría deste gando.

Así mesmo, o Regulamento (CEE) 2814/1990, polo que se establecen as disposicións de aplicación da definición de cordeiros engordados como canais pesadas, na modificación introducida polo Regulamento (CE) 1529/1996, establece novas condicións para os productores de ovino e caprino que comercialicen leite ou productos lácteos de ovella que declaren engordar cordeiros, co obxecto de poder beneficiarse da prima correspondente ós productores de cordeiros pesados.

Por outra parte, o Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, crea o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) como organismo de coordinación dos diversos organismos pagadores que puideran constituírse nas distintas comunidades autónomas, e polo Decreto 359/1996, do 13 de setembro, creouse un organismo pagador na Comunidade Autónoma de Galicia en relación cos gastos financiados polo FEOGA-Garantía.

Así mesmo, con data do 15 de outubro de 1996, asinouse o convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) para o prefinanciamento das axudas con cargo ó FEOGA-Garantía.

Sen prexuízo da aplicabilidade directa da normativa comunitaria correspondente que, en parte, se transcribe para unha maior operatividade, pola presente orde defínense as normas de aplicación e procedemento para a tramitación e concesión das axudas a superficies e primas gandeiras en Galicia determinando a súa imputación económica en 1997.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/88, e no seu Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Capítulo I

Xeneralidades

Artigo 1º.- Obxecto e ámbito.

1. A presente orde regula o procedemento polo que os titulares de explotacións agrarias situadas en Galicia podan obte-las seguintes axudas para o ano 1997:

a) Os pagamentos compensatorios previstos no Regulamento (CEE) 1765/1992 do Consello, do 30 de xuño.

b) As axudas por superficie para certas leguminosas gran (lentellas, garavanzos, vezas e ervellas bravas), establecidas no Regulamento (CE) 1577/1996 do Consello, do 30 de xullo.

c) A prima especial ós productores de carne de vacún establecida no artigo 4 ter do Regulamento (CEE) 805/68.

d) A prima en beneficio dos productores que manteñan na súa explotación vacas nutrices, establecida no artigo 4 quinquies do Regulamento (CEE) 805/68 do Consello.

e) A prima en beneficio dos productores de ovino e caprino establecida no artigo 5 do Regulamento (CEE) 3013/89.

2. Para os efectos do disposto na presente orde, para que unha explotación agraria se considere sita en Galicia, deberá atoparse nunha das dúas situacións seguintes:

a) No caso de que o productor presente solicitude de axuda por superficies ou declaración de superficies forraxeiras, cando a maior parte da superficie das parcelas relacionadas na dita solicitude se atope en Galicia.

b) Nos demais casos, cando a maior parte da superficie da explotación dedicada á alimentación do gando polo que se solicite a prima se atope en Galicia.

Artigo 2º.-Condicións das solicitudes de axuda.

1. Os interesados en obte-las ditas axudas deberán presentar unha única solicitude para todas polas que solicite. Non obstante, para a prima especial ós productores de carne de vacún poderanse presentar solicitudes complementarias á primeira.

2. As solicitudes realizaranse nos formularios que se indican no anexo 1. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para facilita-la tramitación das axudas ós productores que as solicitaron en 1996, porá á disposición deles, nas axencias de extensión agraria, formularios personalizados que conteñan a información do ano 1996 para que sexa actualizada coa esixida pola normativa reguladora das axudas para 1997.

3. A solicitude deberase asinar polo titular da explotación ou persoa debidamente autorizada por el no seu nome.

4. A solicitude acompañarase, ademais dos específicos de cada tipo de axuda, dos seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI e NIF do solicitante e do cónxuxe, no caso de novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa. No caso de que o DNI xa leve a letra do NIF, non será necesario presentar fotocopia do NIF.

b) Certificado bancario indicando o código conta-cliente da que é titular o solicitante, para a transferencia das axudas, no caso dos novos solicitantes ou variación dos datos da solicitude preimpresa.

Artigo 3º.-Prazo de presentación e de admisión de solicitudes.

1. O prazo para a presentación das solicitudes de axuda e da declaración de superficies forraxeiras será o comprendido entre o 2 de xaneiro e o 6 de marzo de 1997.

2. De acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3887/1992, as solicitudes presentadas dentro dos vintecinco días naturais seguintes ó remate do dito prazo aceptaranse pero o importe das axudas reducirase nun 1% por cada día hábil de atraso, salvo que este se producira por causas de forza maior. Se a declaración de superficies forraxeiras se presentara dentro do citado prazo de vintecinco días, a penalización do 1% por cada día hábil aplicarase ademais sobre o importe das axudas no sector vacún, con independencia de que as solicitudes correspondentes se presentaran dentro do prazo establecido.

As solicitudes presentadas transcorridos vintecinco días naturais despois de rematado o prazo mencionado na alínea 1, consideraranse non presentadas.

3. Non obstante o previsto na alínea 1, no que se refire á prima especial ós productores de carne de vacún, poderanse presenta-las solicitudes ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Órganos ós que se dirixirán as solicitudes.

Sen prexuízo do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, as solicitudes de axuda presentaranse, preferentemente, nas axencias de extensión agraria da comarca na que está instalada a explotación ou, se é o caso, onde estea a maior parte da superficie da relación de parcelas agrícolas incluídas na solicitude de axuda de superficie e dirixiranse ó director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Artigo 5º.-Definicións.

No marco do Sistema Integrado e para os efectos da presente orde, entenderase por:

1. Titular da explotación, o productor agrícola individual, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, con independencia da forma xurídica da agrupación ou dos seus membros, que a súa explotación se atope no territorio do Estado español.

2. Explotación, o conxunto de unidades de producción xestionadas polo seu titular que se encontren no territorio do Estado español.

3. Parcela agrícola, a superficie continua de terreo na que un único titular de explotación realice un único tipo de cultivo.

4. Superficie forraxeira, as parcelas agrícolas da explotación, incluídas as partes das parcelas agrícolas utilizadas en común, que estean dispoñibles, cando menos, durante os sete primeiros meses do ano, para a cría de bovinos, ovinos e caprinos.

Poderanse computar como superficies forraxeiras as parcelas agrícolas cultivadas dalgún producto elixible, sempre que se declaren como tales e cumpran os requisitos enunciados no parágrafo anterior; neste caso non percibirían os pagamentos compensatorios correspondentes ós cultivos herbáceos.

Non se contabilizarán nesta superficie: as construccións, os bosques, os estanques, os camiños e as parcelas que se empreguen para outras produccións beneficiarias dun réxime de axuda comunitario, ou que se utilicen para cultivos permanentes ou hortícolas ou cultivos ós que se aplique un réxime idéntico ó establecido para os productores de determinados cultivos herbáceos.

5. Productor de carne de vacún, o gandeiro, persoa física ou xurídica ou agrupación destas persoas físicas ou xurídicas, que a súa explotación se encontre no territorio español e que se dedique á cría de animais da especie bovina.

6. Bovino macho, o bovino macho vivo que cumpra os requisitos de idade que se especifican a continuación e para o que non se solicitase a prima para o mesmo tramo de idade con anterioridade:

* Primeiro tramo: animais que, na data inicial do período de retención previsto no artigo 19º, teñan entre 8 meses como mínimo e 20 meses como máximo.

* Segundo tramo: animais que teñan unha idade mínima de 21 meses, ó inicio do período de retención, sempre que sexa un animal castrado.

7. Vaca nutriz, a que pertenza a unha raza cárnica ou que proceda dun cruzamento con algunha desas razas e que forme parte dun rabaño que estea destinado á cría de becerros para a producción de carne, así como a xovenca xestante que cumpra estas condicións e substitúa unha vaca nutriz. Non se considerarán vacas de razas cárnicas as pertencentes ás razas bovinas enumeradas no anexo VIII.

8. Productor de carne de ovino e caprino, o gandeiro individual, persoa física ou xurídica, que asuma de forma permanente os riscos e a organización da cría de, cando menos, dez ovellas e, no caso das explotacións sitas nas provincias de Ourense e Pontevedra ou nas zonas de montaña, tal como se describen na alínea 3 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE, dez ovellas ou cabras.

9. Productor en zona desfavorecida, aquel que a súa explotación estea situada nas definidas en apli

cación das alíneas 3, 4 e 5 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE.

No caso de que teña unidades de producción en distintas zonas, tamén será considerado productor en zona desfavorecida cando polo menos o 50 por 100 da superficie utilizada para a alimentación de gando ovino e caprino estea en zona desfavorecida.

10. Ovella ou cabra elixible, toda femia da especie ovina ou caprina que parise cando menos unha vez, ou que teña, como mínimo un ano o último día do período de retención.

11. Productores de cordeiros lixeiros, todo productor de gando ovino que comercialice leite de ovella ou productos lácteos a base de leite de ovella.

12. Productores de cordeiros pesados, o resto dos productores de ovino.

13. Agrupación de productores, calquera forma de agrupación, de asociación ou de corporación que entrañe a existencia de dereitos e obrigas recíprocos entre os productores, sempre que estea debidamente documentada e se demostre que os seus membros asumen personalmente os riscos e a organización da cría.

Capítulo II

Das solicitudes de axudas por superficies

Artigo 6º.-Sistemas de concesión do pagamento compensatorio.

1. O pagamento compensatorio concederase:

a) Segundo un sistema xeral aberto a tódolos productores; ou

b) Segundo un sistema simplificado aberto ós pequenos productores.

2. Os productores que soliciten un pagamento compensatorio de acordo co sistema xeral estarán suxeitos á obriga de retirar da producción un 5% da superficie para a que se solicitan pagamentos compensatorios.

3. Consideraranse pequenos productores aqueles que soliciten os pagamentos compensatorios por unha superficie que non sexa maior que a necesaria para producir, de acordo co rendemento cerealista medio da súa rexión de producción, 92 toneladas de cereais.

Os pequenos productores que soliciten un pagamento compensatorio de acordo co sistema simplificado non estarán suxeitos á obriga de retirada de terras da producción.

Artigo 7º.-Superficie mínima pola que se poden solicitar axudas.

1. A superficie mínima pola que se poden solicitar pagamentos compensatorios para cereais, oleaxinosas e proteaxinosas é de 0,30 hectáreas para cada un dos ditos grupos de productos.

2. Non obstante, no caso dos pequenos productores que opten polo sistema simplificado, o mínimo de 0,30 hectáreas aplicarase ó conxunto dos tres grupos de productos indicados no parágrafo anterior.

Artigo 8º.-Contido das solicitudes de axudas por superficies.

1. Na solicitude de axuda para superficies deberase indica-la totalidade das parcelas agrícolas da explotación pero poderanse excluí-las correspondentes a cultivos arbóreos, arbustivos e/ou aproveitamentos exclusivamente forestais diferentes das parcelas computadas como retirada da producción e das referentes á repoboación forestalde acordo co Regulamento (CEE) 2080/1992.

2. Para cada parcela agrícola, deberá, así mesmo, indicarse:

a) A superficie neta, en hectáreas con dous decimais.

b) A especie cultivada, indicando a variedade de acordo co anexo II do Regulamento (CE) 658/1996, cando se trate de colza, e o grupo de cultivo ó que pertence en función da finalidade da declaración realizada, segundo se especifica no anexo 2 desta orde.

O solicitante diferenciará se a parcela agrícola se debe ter en conta como superficie forraxeira (non percibindo entón pagamentos compensatorios ou axudas por superficie para os cultivos subvencionables sementados nela), ou se está sementada de cultivos subvencionables (cereais, millo, oleaxinosas, proteaxinosas, leguminosas ou liño non téxtil).

Tamén se especificará, por decisión do solicitante, se o cultivo declarado non se quere ter en conta nin para os efectos de recibi-los pagamentos compensatorios ou axudas por superficie, nin para a súa consideración como superficie forraxeira, para os efectos de cálculo do factor densidade gandeira.

c) O tipo de barbeito ou de retirada de cultivo, diferenciando entre: barbeito tradicional, retirada obrigatoria (especificando se se trata de fixa, libre, etc.), retirada voluntaria e abandono quinquenal establecido polo Regulamento (CEE) 2328/1991. Especificarase en tódolos tipos de barbeito se se manterá a terra núa ou con cuberta vexetal, segundo se indica no anexo IV.

d) As referencias identificativas, que serán as alfanuméricas correspondentes á parcela ou parcelas catastrais que, en todo ou en parte, constitúen a parcela agrícola, e as superficies totais e sementadas nas ditas parcelas.

e) No caso de municipios con catastro renovado, a declaración de superficies deberase facer de acordo co novo catastro.

f) Naqueles termos municipais ou partes deles onde se procedese á concentración parcelaria e para os que non se dispón dun novo catastro e que se indican no anexo V, poderanse admiti-las novas referencias identificativas alfanuméricas contidas nos planos mentres non se dispoña dos novos datos de catastro.

g) Nos casos de superficies forraxeiras de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, anotaranse unicamente as referencias catastrais relativas á localización das distintas parcelas (provincia e concello)

con indicación expresa do tipo de utilización (uso común), deberase acompañar á solicitude un certificado da autoridade competente segundo modelo do anexo III.

h) O sistema de explotación, secaño ou regadío, segundo proceda.

i) As superficies ou parcelas agrícolas dedicadas á alimentación do gando ovino ou caprino, nos casos previstos no artigo 16º.

Artigo 9º.-Documentación complementaria das solicitudes de axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras.

1. Ademais da documentación indicada na alínea 4 do artigo 2, as solicitudes de axuda para superficies ou declaración de superficies forraxeiras deberán ir acompañadas de:

a) No caso de montes veciñais en man común ou similares, utilizadas conxuntamente por varios productores, certificado da autoridade competente, segundo modelo do anexo III.

b) No caso de parcelas catastrais con superficie catastral superior a 10 ha e declaradas parcialmente, croquis acotados que permitan situar e localiza-las parcelas agrícolas (excepto montes veciñais e man común ou similares).

c) Documento xustificativo das prácticas agronómicas da explotación, no caso en que o barbeito branco respecto á superficie de secaño para a que se solicitan pagamentos compensatorios sexa menor, en máis de 10 puntos, ó correspondente coeficiente comarcal.

d) Para as superficies de regadío, certificado expedido polas xerencias territoriais do catastro no que se acredite a superficie de regadío das parcelas catastrais que forman parte das parcelas declaradas. Quedarán exentos desta obriga os solicitantes que presentasen o certificado precitado na campaña anterior, para a mesma parcela.

2. Nos controis que se efectúen poderáselle pedir ó titular da explotación que acredite a titularidade das parcelas e, se é o caso, que presente as facturas de compra das sementes utilizadas na sementeira delas, así como outra documentación complementaria xustificativa das circunstancias indicadas na solicitude.

A xustificación insuficiente derivada da alínea anterior poderá dar lugar á exclusión das parcelas controladas de solicitudes.

Artigo 10º.-Modificación das solicitudes de axudas por superficies e os seus requisitos.

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (CEE) 3887/1992, da Comisión, do 23 de decembro:

1. Os titulares de explotacións agrarias que presentasen as solicitudes de axuda por superficies, na forma e prazos expostos anteriormente, poderán modi

ficalas ata o 15 de maio de 1997, sen penalización ningunha, nos seguintes supostos:

a) Manifesto erro material ó seren cubertas.

b) Cambio de titularidade debidamente xustificado.

c) Cambio de cultivo ou de utilización da parcela agrícola.

2. No referente ás parcelas agrícolas, salvo no último suposto citado, a solicitude non se poderá modificar máis que en casos especiais, debidamente xustificados mediante título lexítimo, tales como matrimonio, falecemento, compravenda ou arrendamento.

Unicamente, se poderán engadir parcelas ás anteriormente declaradas nos ditos supostos especiais.

3. Nos casos de parcelas declaradas como retiradas da producción ou de superficies forraxeiras, será necesario, ademais, que as parcelas que se pretendan engadir ás xa declaradas fosen xa incluídas na solicitude doutro agricultor que transmitise, despois do 1 de xaneiro de 1997, o dereito de explotación delas ó novo titular e que a dita solicitude se corrixise convenientemente.

Como excepción ó anterior, no caso de parcelas retiradas da producción, considerarase a adición efectuada destas parcelas ás xa declaradas para cumprir coa porcentaxe establecida para a retirada de terras obrigatoria, ó cambiarse o cultivo dunha parcela non afectada polo sistema integrado por outro cultivo si afectado polo dito sistema.

4. As modificacións das solicitudes de axudas superficies previstas neste artigo, presentaranse no mesmo tipo de impresos específicos de superficies indicadas no anexo I, especificando o número de expediente asignado á súa solicitude, o dato ou datos suxeitos a modificación e a documentación xustificativa deles. Esta documentación presentarase, preferentemente, na axencia de extensión agraria onde estea a explotación.

Artigo 11º.-Notificación de non sementeira.

1. De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento (CE) 658/1996, do 9 de abril, a data límite de sementeira para o millo doce, será o 15 de xuño de 1997 en todo o territorio galego. Así mesmo, a data límite de sementeira para os cultivos de millo, xirasol e soia, será o día 31 de maio de 1997 nas zonas especificadas para España no anexo IX do dito Regulamento.

2. Os titulares de explotacións agrarias situadas nas ditas zonas que á data límite do 31 de maio de 1997 non sementaran na súa totalidade a superficie de millo, xirasol e soia prevista na súa solicitude de axuda superficies, ou, se é o caso, na solicitude de modificación, deberán notificalo antes do día 1 de xuño de 1997 na forma que, segundo o caso, se indica a continuación:

a) Os que non sementasen parte da superficie declarada de millo, xirasol ou soia, deberán cubri-lo formulario para a solicitude de axuda superficies indicado no anexo I, modelo S2, e na súa cabeceira escribirán, con letras maiúsculas, a frase notificación de non sementeira, e indicaranse as parcelas que non

foran sementadas, así como o cultivo, millo, xirasol ou soia, de que se trate.

b) Os que non realizaran sementeira ningunha de millo, xirasol ou soia nas superficies declaradas, deberán comunicalo, facendo consta-los datos mínimos que figuran no modelo do anexo VI.

3. Os titulares de explotacións agrarias que na data límite do 15 de xuño de 1997 non sementaran na súa totalidade a superficie de millo doce prevista na súa solicitude de axuda superficies ou, se é o caso, na solicitude de modificación, deberán comunicalo antes do día 16 de xuño de 1997 na forma que, segundo o caso, se indica nas letras a) e b) deste mesmo apartado, utilizando para iso o impreso de notificación de non sementeira correspondente ou con base nos datos mínimos que figuran no anexo VII, respectivamente.

As notificacións, na forma e prazos anteriormente indicados presentaranse preferentemente nas axencias de extensión agraria relativas a explotacións e dirixidas ó director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e do Instituto Lácteo Gandeiro de Galicia da Consellería de Agricultura Gandería e Montes.

Capítulo III

Das solicitudes de primas gandeiras

Artigo 12º.-Beneficiarios da prima por vaca nutriz.

Poderán ser beneficiarios da prima por vaca nutriz os productores que teñan asignados dereitos individuais de prima e posúan un rabaño de vacas destinadas á cría de becerros que se axusten á definición de vaca nutriz recollida no artigo 5º, que así o soliciten, asuman os compromisos recollidos nos artigos 19º e 21º e se atopen incluídos nalgún dos seguintes supostos:

a) Que non vendan leite ou productos lácteos procedentes da explotación o día da presentación da solicitude.

b) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos, se trate exclusivamente de venda directa na explotación.

c) Que, aínda vendendo leite ou productos lácteos e non tratándose exclusivamente de venda directa na explotación, teñan unha cantidade de referencia individual asignada de venda a compradores sumada, se é o caso, a de venda directa, ó inicio do período 1997/1998, igual ou inferior a 120.000 quilogramos.

Neste último caso, o número de vacas nutrices polo que poderá solicita-la prima non poderá ser superior ó número de vacas destinadas á cría de becerros para a producción de carne nin á resultante de restar ó número total de vacas presentes na explotación o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia atribuída ó productor.

Artigo 13º.-Beneficiarios da prima en beneficio dos productores de ovino e caprino.

Poderán ser beneficiarios da prima por ovella e cabra, os productores de carne de ovino e caprino, tal como se definen no artigo 5º da presente orde, que o soliciten, e teñan asignado un límite individual de dereitos á prima e asuman os compromisos recollidos no artigo 19º.

Artigo 14º.-Beneficiarios da prima especial ós productores de carne de vacún.

Poderán ser beneficiarios da prima especial, os productores de carne de vacún que o soliciten, manteñan bovinos machos na súa explotación para a engorda e asuman os compromisos recollidos nos artigos 19º e 20º. A prima especial concederase dentro do límite máximo nacional mencionado no seguinte artigo, por un máximo de noventa animais por tramo de idade e explotación.

Artigo 15º.-Reducción do número de animais con dereito a prima por superación dos límites.

1. Conforme o previsto na alínea 6 do artigo 38 do Regulamento (CEE) 3886/1992 e na alínea 7 do artigo 12 do Regulamento (CEE) 3567/1992, toda solicitude de prima á vaca nutriz e de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, presentada para un número de animais que supere o dos dereitos individuais asignados ó productor en cada un dos réximes, reducirase ata o número de animais correspondentes ós ditos dereitos. Se a solicitude de prima en beneficio dos productores de ovino e caprino corresponde a un rabaño mixto, a dita reducción será proporcional ó número de animais de cada especie que compoña o rabaño.

2. Se o número total de animais polo que se presentase unha solicitude de prima especial para o primeiro tramo de idade, e que respondan ás condicións para seren primados, supera o límite máximo nacional establecido na alínea 3 b) do artigo 4 ter do Regulamento (CEE) 805/1968, o número de animais con dereito a prima por productor reducirase proporcionalmente ata o dito límite.

Artigo 16º.-Productores que desexen acollerse á prima específica en favor dos productores en zonas desfavorecidas.

1. Tódolos productores de ovino e caprino deberán indica-los termos municipais onde estean situadas as superficies que dedican á cría de ovinos e caprinos.

2. Os productores previstos na alínea anterior que teñan situadas as súas superficies dedicadas á cría de ovinos e caprinos en termos municipais con distinta catalogación no que se refire a zonas desfavorecidas e zonas non desfavorecidas, deberán:

a) Se non presentan a solicitude de axudas superficies por non estar obrigados a iso, indica-la superficie dedicada á cría de ovinos e caprinos en cada termo municipal no formulario de solicitude da prima.

b) Se presentan a solicitude de axudas superficies, indica-las parcelas agrícolas dedicadas á cría de ovinos e caprinos nos formularios correspondentes á dita solicitude.

3. O organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determinará se os productores de ovino e caprino previstos na alínea 1, se axustan á definición de productor en zona desfavorecida á que fai referencia a alínea 9 do artigo 5º.

Artigo 17º.-Factor de densidade gandeira da explotación.

1. O factor de densidade gandeira dunha explotación exprésase en número de unidades de gando maior (UGM) en relación coa superficie forraxeira da explotación declarada na solicitude e dedicada á alimentación dos animais mantidos nela. O dito factor establécese para o ano 1997 en 2 UGM/ ha.

O número de bovinos machos e de vacas nodrizas primables estará limitado pola aplicación do factor de densidade ó que fai referencia a alínea anterior.

Non obstante, eximirase da obriga de realizar esta declaración ós productores que só soliciten:

-A prima por ovino e caprino, ou

-A prima especial por bovinos machos ou vaca nutriz, cando o número de animais que se deba tomar en consideración para a determinación do factor de densidade non supere as 15 UGM e non soliciten o importe complementario destas primas.

2. Para a determinación do factor densidade da explotación deberanse ter en conta:

-As vacas nutrices que sexan obxecto de solicitude de prima, así como os bovinos machos e os ovinos e caprinos polos que se solicitan as primas correspondentes con cargo ó ano 1997. Así mesmo deberán produci-la cantidade de leite de referencia individual atribuída ó productor ó inicio do período 1997/1998.

-A conversión do número de animais así obtido en UGM farase de acordo coa seguinte táboa de conversión:

Touros, vacas nutrices e vacas leiteiras: 1,0 UGM

Bovinos machos de 6 meses a 2 anos: 0,6 UGM

Ovellas: 0,15 UGM

Cabras: 0,15 UGM

- A superficie forraxeira segundo se define no artigo 5 da presente orde.

3. En virtude do disposto no Regulamento (CEE) 3886/1992, o organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determinará e comunicaralle a cada productor o número de UGM que corresponde ó número de animais polo que se poderán conceder primas no sector de vacún, tendo en conta a superficie forraxeira da explotación de acordo co seguinte cálculo:

nmUGM = (superficie forraxeira determinada x 2) - (VL x 1 + OC x 0,15) sendo:

a) nmUGM: o máximo do UGM con dereito á prima especial e prima ás vacas nutrices.

b) Superficie forraxeira determinada: a superficie forraxeira declarada ou validada polo órgano compe

tente como consecuencia dos controis administrativos ou, se é o caso, a verificada no control, reducida de acordo co disposto na alínea 2 do artigo 26º da presente orde.

c) VL: o número de vacas leiteiras necesarias para produci-la cantidade de referencia individual asignada ó productor ó inicio do período 1997/1998, e que se obterá mediante o cociente enteiro, por exceso, entre a cantidade de referencia do productor e 4.300, rendemento lácteo medio en quilogramos para España, establecido pola regulamentación comunitaria. Non obstante, se o productor presenta un certificado oficial de control leiteiro, de acordo coa orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 11 de febreiro de 1996, no que figure o rendemento medio da súa explotación, poderase utilizar esta cifra en lugar de 4.300 kilogramos.

d) OC: o número de ovellas e cabras polas que se solicite a prima correspondente para a campaña de comercialización 1997, ou número de dereitos á prima por ovino-caprino dos que é titular o productor, no caso de que este número sexa inferior.

Artigo 18º.-Identificación e rexistro dos animais.

Tódolos animais polos que se solicite prima deberán estar identificados de acordo co disposto no Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies bovina, porcina, ovina e caprina. Así mesmo, o productor deberá levar un libro de rexistro da explotación na forma descrita no dito real decreto.

Artigo 19º.-Períodos de retención.

1. Os productores deberán manter na súa explotación un número de femias elixibles igual, cando menos, a aquel polo que se solicitara o beneficio da prima por ovino e caprino ou a prima á vaca nutriz durante un período mínimo:

a) De seis meses, a partir do día seguinte ó da presentación da solicitude, no referente a vacas nutrices.

b) Que rematará o día 14 de xuño de 1997, no referente a ovino e caprino.

2. Os bovinos machos polos que se solicite a prima deberán ser mantidos na explotación polo productor para á súa engorda, durante un período mínimo de dous meses contados desde o día seguinte á data de presentación da solicitude.

3. No que se refire á prima por vaca nutriz e á prima ós productores de carne de ovino e caprino, os productores que, con posterioridade á presentación da solicitude de prima, recibiran do órgano competente a notificación do seu novo límite de dereitos a prima asignados para 1997 e este fora por un número inferior a aquel polo que se solicitara a prima, poderán mante-lo dito compromiso unicamente para un número de animais igual ó número de dereitos asignados arredondado, no caso de vaca nutriz, ó número enteiro máis próximo por exceso.

Non obstante, os productores que soliciten a prima para o gando ovino e caprino non poderán, en ningún caso, reter na explotación un número de femias elixibles inferior a 10, de acordo coa definición de productor de carne de ovino e caprino que figura na alínea 8 do artigo 5º.

4. Calquera diminución no número de animais polo que se solicitara a prima que impida o seu mantemento na explotación nos períodos establecidos nas alíneas 1 e 2, deberase comunicar por escrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo máximo de dez días hábiles seguintes a partir do coñecemento do feito, con indicación das causas e a súa xustificación.

5. Nas explotacións de gando en réxime de transhumancia ou cando fora necesario traslada-los animais con dereito a prima a unha unidade de producción diferente da indicada na solicitude, o productor queda obrigado a notifica-lo dito traslado ó órgano a que dirixiu a solicitude, previamente á súa realización, mediante escrito razoado no que se expresen as causas que van dar lugar ó traslado, así como as datas nas que se producirán os movementos, o número de animais que se van trasladar, coa súa identificación, o termo municipal e os predios ou paraxes nas que se encontrarán os animais, para os efectos de poder efectua-las preceptivas inspeccións.

Artigo 20º.-Compromisos e obrigas relativos á prima especial.

1. Os documentos administrativos ós que se refire a alínea 4 do artigo 6 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, presentados xunto coa solicitude de prima especial correspondentes a cada un dos animais polos que se solicita a prima, permanecerán en poder da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes durante o período de retención ó que fai referencia o artigo anterior. Rematado este, por petición do interesado, o organismo competente devolverá os documentos administrativos ó productor, facendo constar neles a situación do animal con respecto ás primas gandeiras.

Para estes efectos, de acordo coa alínea 2 do artigo 7 do Regulamento (CEE) 3886/1992, os animais excluídos do beneficio da prima, por aplicación do factor densidade ou do previsto no artigo 15º da presente orde, considerarase que recibiron a prima.

2. No caso de que un bovino macho sexa obxecto dun traslado a outro Estado membro da Comunidade Europea, o documento administrativo citado na alínea 1 utilizarase como documento administrativo de intercambio comercial, de acordo co disposto na alínea 3 do artigo 3 do Regulamento (CEE) 3886/1992, para os efectos de control no dito Estado membro.

3. Igualmente, se un productor establecido en España adquire bovinos machos noutro Estado membro, para poder solicita-la prima en España para os mencionados animais, deberá presentar á autoridade ante a que deposite a súa solicitude de prima o documento administrativo de intercambio comercial correspon

dente, expedido polas autoridades competentes do Estado membro de procedencia.

Artigo 21º.-Compromisos e obrigas relativos á prima en beneficio dos productores que manteñan vacas nutrices.

1. Os productores determinados nas letras a) e b) do artigo 12º non poderán realizar entregas de leite ou productos lácteos procedentes da súa explotación a compradores durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

2. Os productores determinados na letra c) do mesmo artigo non poderán incrementa-la súa cantidade de referencia individual de leite asignado por riba dos 120.000 quilogramos, durante o período de doce meses a partir do día de presentación da solicitude.

Artigo 22º

En relación coas solicitudes, compromisos e obrigas de productores de ovino-caprino nos casos de agrupacións de productores segundo se definen no punto 13 do artigo 5º, cesións de rabaños, productores con vínculo salarial, productores de cordeiros lixeiros e productores de leite de ovella, terase en conta o establecido na orde do MAPA do 26 de novembro de 1996, reguladora destas axudas e na normativa comunitaria.

Artigo 23º.-Documentación complementaria das solicitudes de primas gandeiras.

Ademais da solicitude específica do anexo I e da documentación indicada na alínea 4 do artigo 2º, os solicitantes de primas gandeiras aportarán a seguinte documentación:

a) Productores de vacas nutrices.

-Fotocopia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1996, indicando nela coas letras VN as vacas que cumpran a condición de vacas nutrices con sinatura orixinal do solicitante.

-Se é o caso, fotocopia da declaración de incorporación de gando vacún á explotación, na que se sinalarán tamén con VN as vacas que cumpran a condición de nutrices con sinatura orixinal do solicitante.

-Certificado oficial de control leiteiro, indicando o rendemento medio da súa explotación, se este é superior a 4.300 kg/vaca no seu caso.

-Presentación para o seu exame do libro de explotación gandeira actualizado, aportando ademais fotocopias da portada e da páxina de actualización de censos, que se incorporarán á solicitude.

b) Productores de ovino e caprino.

-Fotocopia da folla de saneamento gandeiro da campaña 1996, indicando os animais primables.

-Presentación para o seu exame do Libro de Explotación Gandeira de ovino-caprino, actualizado, aportando ademais fotocopias da portada e da páxina de actualización de censos, que se incorporarán á solicitude.

-Xustificantes, se é o caso, da incorporación de gando á explotación.

c) Productores de carne de vacún.

-Certificado oficial de control leiteiro indicando o rendemento medio da súa explotación, se este é superior a 4.300 kg/vaca, no seu caso.

-Presentación para o seu exame, do libro de explotación, aportando ademais fotocopia da portada e de cada unha das páxinas nas que figuren anotados becerros polos que solicita prima.

-Documento administrativo de intercambio de cada un dos becerros polos que solicite prima.

Capítulo IV

Controis

Artigo 24º.-Plan de controis.

1. No marco do Plan nacional de controis establecido polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) o organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes redactará un plan de controis administrativos e sobre o terreo das solicitudes de axudas superficies e de primas gandeiras.

2. Os controis administrativos e sobre o terreo serán realizadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou persoal técnico por ela designado, de forma que se asegure a comprobación eficaz do cumprimento das condicións de concesión das axudas e primas establecidas na normativa comunitaria, nacional e nesta orde.

Artigo 25º.-Controis Administrativos.

1. En virtude da alínea 2 do artigo 6 do Regulamento (CEE) 3887/1992, un dos elementos esenciais dos controis administrativos será a realización dos cruzamentos informáticos necesarios cos datos relativos ás parcelas e ós animais declarados para garantir que non se efectúen pagamentos indebidos e, en particular, evita-la concesión de dobles axudas con cargo a unha superficie concreta ou por un animal determinado para o mesmo ano civil.

2. No caso concreto da prima especial por becerro e da prima por vaca nutriz, os controis administrativos comprenderán a comprobación de que tódolos animais para os que se solicitan primas cumpren tódolos requisitos da súa concesión, empregando para iso os códigos identificativos dos animais.

Artigo 26º.-Controis sobre o terreo.

1. O organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes determinará, en cada caso, as solicitudes concretas que se controlarán sobre o terreo, respectando, en todo caso, os criterios que se establezan no Plan nacional ó que fai referencia a alínea 2 do artigo 27 da orde do MAPA do 26 de novembro de 1996.

No caso de que as ditas inspeccións poñan de manifesto a existencia de irregularidades significativas nunha provincia, efectuaranse controis adicionais durante o ano en curso e aumentarase a porcentaxe

de solicitudes obxecto de control no ano seguinte no dito territorio.

2. Os controis faranse sen previo aviso. Non obstante, poderase avisar anticipadamente ós titulares das explotacións cun prazo non superior ás corenta e oito horas.

3. O organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes realizará os controis sobre o terreo das solicitudes de superficies en tempo hábil que permita efectua-las comprobacións regulamentarias das parcelas agrícolas obxecto das solicitudes de axuda e preferentemente antes do 30 de setembro de 1997. No caso de superficies forraxeiras, deberanse efectuar dentro dos sete primeiros meses do ano no que a dita superficie debe estar dispoñible para o gando, salvo que se trate de prados permanentes, nos que se poderán realizar inspeccións durante todo o ano.

4. Polo que se refire ós controis sobre o terreo das solicitudes de axuda animais e tendo en conta que as inspeccións poden ter como finalidade a comprobación do cumprimento das condicións de varias destas axudas, non tódalas inspeccións sobre o terreo se deberán realizar durante os períodos de retención establecidos no artigo 19º.

Sen embargo, un mínimo do 50% dos controis de cada prima realizaranse nos ditos períodos.

5. No caso de solicitudes de axuda animais, sen prexuízo das inspeccións realizadas para comproba-lo cumprimento dos períodos de retención, realizaranse inspeccións complementarias para comproba-la veracidade do declarado, durante todo o ano 1997 nas solicitudes presentadas por productores de vacas nutrices que teñan declarado que non comercializan leite ou productos lácteos.

Artigo 27º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda superficies.

1. De acordo co previsto no artigo 9 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que a superficie determinada efectivamente é superior á declarada, será a superficie declarada a que se teña en conta para o cálculo do importe da axuda ou do factor de densidade gandeira da explotación.

2. Cando se comprobe que a superficie declarada é superior á superficie determinada, o importe da axuda ou o factor de densidade gandeira calcularase a partir da superficie efectivamente determinada no control. Sen embargo, salvo en caso de forza maior, a superficie efectivamente determinada reducirase:

O dobre da diferencia comprobada, se esta fora superior ó 3 por 100 ou a 2 hectáreas e non superara o 20 por 100 da superficie determinada.

No caso de que o excedente comprobado supere o 20 por 100 da superficie determinada, non se concederá ningunha axuda ligada á superficie.

As citadas reduccións non se aplicarán se, para a determinación da superficie, o agricultor demostrara

que se baseou de forma correcta, en datos oficiais de catastro.

3. Para os efectos do presente artigo, enténdese por superficie determinada aquela para a que tódalas condicións regulamentarias foron respectadas.

Para os mesmos efectos, tomaranse en consideración soamente e por separado as superficies forraxeiras, as correspondentes á retirada de terras da producción e as relativas a distintos cultivos herbáceos ós que se aplique unha axuda diferente.

Artigo 28º.-Penalizacións relativas á solicitude de axuda animais.

1. De acordo co previsto no artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992, cando se comprobe que o número de animais declarados nunha solicitude, reducido, se é o caso, como consecuencia do establecido nas alíneas 3 e 4 deste artigo, é superior ó de animais presentes no control, o importe da axuda calcularase a partir do número de animais comprobado. Se o control se realiza unha vez rematado o período de retención, consideraranse animais presentes os que estean correctamente inscritos nos libros de rexistro da explotación.

Salvo en caso de forza maior e despois de aplica-lo disposto na alínea 3, ó importe unitario da prima descontaránselle as porcentaxes de penalización especificadas na alínea 2 do artigo 10 do Regulamento (CEE) 3887/1992.

2. Para o cálculo da penalización, ós animais presentes no control sumaranse as baixas por causa natural ou por forza maior que foran comunicadas polo gandeiro. Sen embargo, os animais con dereito a prima só serán os presentes máis as baixas por causa de forza maior.

3. No caso de que, por circunstancias naturais da vida do rabaño, o productor non poida cumpri-lo compromiso de retención dos animais polos que solicitara unha prima, manterase o dereito á prima polos animais realmente subvencionables que foran retidos durante o dito período, sempre que o productor o comunicara por escrito ó órgano ante o que presentou a súa solicitude, no prazo de dez días hábiles seguintes á comprobación da diminución do número de animais.

4. Cando un productor non puidera respecta-la súa obriga de retención por motivos de forza maior, manterase o dereito á prima polo número de animais efectivamente subvencionables no momento de producirse os ditos motivos.

5. Para os efectos de aplicación do presente artigo, os animais que se poidan acoller a primas diferentes teranse en conta por separado.

En ningún caso se concederán primas por un número de animais superior ó indicado na solicitude de axuda.

6. De acordo co indicado no artigo 27, alínea 2, cando o excedente comprobado entre a superficie forraxeira declarada e a superficie forraxeira efectivamente determinada, supere o 20 por 100 da superficie determinada, non se concederán, se é o caso, as primas ó sector vacún ligadas ás ditas superficies.

7. Excluíranse do beneficio da prima os productores de gando vacún se nos seus animais se descubren residuos de substancias prohibidas ou de substancias utilizadas ilegalmente, así como os productores que teñan na súa explotación, en posesión ilegal, substancias ou productos non autorizados, de acordo coa alínea 1ª do artigo 4 undécimo do Regulamento (CEE) 805/1968 do Consello.

Artigo 29º.-Penalizacións relativas á prima ovino e caprino, no que respecta ós productores ós que fai referencia ó artigo 16.

1. No caso dos productores de ovino e caprino ós que fai referencia a alínea 2 do artigo 16, cando a porcentaxe de superficie situada en zona desfavorecida determinado efectivamente sexa inferior ó 50 por 100, non se aboará a axuda específica pagadoira ós productores en zona desfavorecida. Ademais, a prima por ovella reducirase nunha porcentaxe equivalente á diferencia entre a porcentaxe efectivamente determinada e o 50 por 100.

2. Non obstante o establecido na alínea anterior, no caso de falsa declaración intencionada ou debida a unha neglixencia grave:

-O productor en cuestión será excluído do beneficio do réxime da prima por ovino e caprino durante a campaña en cuestión e,

-No caso de falsa declaración intencionada, do beneficio do mesmo réxime de prima durante a campaña seguinte.

Artigo 30º.-Causas de forza maior.

1. Sen prexuízo dos supostos concretos que se poidan ter en conta para cada caso, o organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá admitir como casos de forza maior os supostos seguintes:

a) O falecemento do productor;

b) Unha invalidez provisional ou permanente do productor, de acordo co disposto no R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

c) A expropiación dunha parte da superficie agraria da explotación administrada polo productor, sempre que tal circunstancia non fora previsible no momento da presentación da solicitude;

d) Unha catástrofe natural grave que afecte considerablemente á superficie agraria da explotación;

e) A destrucción accidental dos edificios do productor destinados á gandería bovina ou ovina e caprina;

f) Unha epizootia que afecte a todo ou parte do gando bovino ou ovino e caprino do productor.

2. A comunicación dos casos de forza maior e as probas correspondentes deberanse facilitar por escrito, á enteira satisfacción do organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, nun

prazo de dez días hábiles a partir do momento en que o titular da explotación se atope en situación de facelo.

Artigo 31º.-Declaracións falsas nas solicitudes de axudas e primas.

Sen prexuízo das responsabilidades penais e administrativas ás que houbera lugar, de acordo co previsto nos artigos 9 e 10 do Regulamento 3887/1992, se se constatara unha declaración falsa feita por neglixencia grave, o productor en cuestión quedará excluído do beneficio do réxime de axuda ou prima para o ano 1997.

Se a declaración falsa se fixera deliberadamente no relativo ás superficies incluídas na súa solicitude, o productor quedará, ademais, excluído para o ano 1998 do beneficio de todo réxime de axuda a que se refiren as letras a), b), c), d) e e) do artigo 1.1 da presente orde, para unha superficie igual á que figuraba na dita solicitude. Se a dita declaración falsa concirne a aspectos relativos á solicitude animais, o productor quedará excluído do beneficio do mesmo réxime de axuda para o ano 1998. A estes efectos as diferentes primas gandeiras teranse en conta por separado.

Capítulo V

Da resolución e o pagamento

Artigo 32. Superficie para o cálculo dos pagamentos.

Para os efectos dos pagamentos compensatorios e das axudas por superficie establecidas no artigo 1º, teranse en conta as superficies declaradas ou as establecidas en cada caso polo organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, segundo o exposto na presente orde. Polo tanto, as superficies polas que se presenten solicitudes deberán ser reducidas nos casos que proceda, tendo en conta as disposicións referentes a:

a) Os índices comarcais de barbeito para as terras de cultivos herbáceos de secaño, definidas para a campaña 1997/1998.

b) A retirada do cultivo das terras que se benefician dos pagamentos compensatorios establecidos no Regulamento (CEE) 1765/1992, a normativa específica do réxime de apoio ós productores de sementes oleaxinosas e o uso de terras retiradas para a producción de materias primas con destino non alimentario.

c) A superficie básica rexional ou a superficie nacional de referencia para España, no que se refire ás oleaxinosas, de conformidade co Regulamento (CEE) 1765/1992.

d) A retirada de terras, de conformidade co Regulamento (CE) 762/1994.

e) As relativas ós controis, establecidas nos Regulamentos (CEE) 3508/1992 e 3887/1992.

Artigo 33º.-Resolución das solicitudes.

O organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, unha vez realizado o control administrativo e sobre o terreo a que se refiren

os artigos anteriores, así como comprobado para cada solicitante que se cumpren as condicións de concesión das axudas e primas, e comunicado polo FEGA o importe da eventual minoración que se aplicará ás superficies subvencionables de regadío e a contía da porcentaxe de reducción que se aplicará no número de bovinos machos con dereito a prima por productor e demais información que resulte necesaria, establecerán, para cada unha das solicitudes presentadas no seu ámbito, as superficies e o número de animais con dereito a recibi-las axudas establecidas así como as superficies que poden ser computadas para o cálculo do factor de densidade gandeira da explotación.

Ó mesmo tempo, o organismo competente establecerá a relación das solicitudes de axuda que, polas causas previstas nos regulamentos de aplicación, especialmente os que se refiren á xestión e control integrados, perdan o dereito á obtención das axudas e primas.

Artigo 34º.-Pagamentos das axudas e primas.

1. O organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes realizará os trámites pertinentes para efectuar, nas datas que se indican, os seguintes pagamentos:

a) Os anticipos correspondentes ós grans oleaxinosos, no sistema xeral previsto no Regulamento (CEE) 1765/1992, no prazo regulamentario determinado.

b) Os pagamentos compensatorios para cereais, proteaxinosas e liño non téxtil, así como a compensación por retirada de terras no sistema xeral e os pagamentos compensatorios para os pequenos productores de xirasol, soia e colza que opten polo sistema simplificado, no prazo comprendido entre o 16 de outubro e o 31 de decembro de 1997.

c) As liquidacións correspondentes ós productores de grans oleaxinosos do sistema xeral, no prazo previsto no apartado 1º do artigo 11 do Regulamento (CE) 658/1996 da Comisión, do 9 de abril.

d) A axuda por superficie para a producción de certas leguminosas de gran, no prazo previsto na alínea 2 do artigo 2 do Regulamento (CE) 1644/1996 da Comisión do 30 de xullo.

e) Os anticipos iguais ó 60 por 100 do importe da prima correspondentes ás solicitudes de prima especial presentadas durante o primeiro semestre do ano así como ás solicitudes de vacas nutrices, a partir do 1 de novembro de 1997 (artigo 44 do Regulamento (CEE) 3886/1992).

f) Os pagamentos definitivos, descontados, se fose o caso, os anticipos pagados, correspondentes ós gandeiros que manteñan vacas nutrices e ós productores de carne de bovino así como os importes complementarios por extensificación a aqueles que a súa

densidade gandeira sexa inferior a 1,4 UGM/ha ou 1 UGM/ha (Art. 4 nonies.1 do Regulamento 805/1968, modificado polo 2222/1996 do consello), o máis tardar o 30 de xuño de 1998.

g) Os anticipos semestrais equivalentes cada un ó 30 por 100 da prima ovino e caprino estimada de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 3013/1989 e para os productores en zonas desfavorecidas a axuda específica prevista no artigo 1 do Regulamento (CEE) 1323/1990, unha vez rematado o período de retención previsto na alínea 1b) do artigo 19 desta orde, e tra-la aprobación, pola Comisión Europea, dos importes unitarios.

h) As primas correspondentes ós productores de ovino e caprino e o saldo, no caso de que se pagaran anticipos, o máis tardar o 15 de outubro de 1998.

2. Os importes unitarios dos pagamentos compensatorios e axudas por superficie para a campaña de comercialización 1997/1998 serán os establecidos pola normativa comunitaria.

3. Os importes unitarios das primas gandeiras para o ano 1997 serán os seguintes:

a) Para a prima por vaca nutriz, 144,9 ECUs por vaca subvencionable, ó que se sumará a prima nacional complementaria prevista no artigo 26 do Regulamento (CEE) 3386/1992 de 24,15 ECUs.

b) Para a prima especial, 108,7 ECU por animal castrado e 135 ECU por animal non castrado.

c) Para os productores de carne de vacún e os que manteñan vacas nutrices nas que o factor de densidade sexa inferior a 1,4 UGM/ha, o importe complementario previsto no artigo 4 nonies do Regulamento (CEE) 805/1968 de 36 ECU por animal subvencionable. Se o factor de densidade da explotación é inferior a 1 UGM/ha, percibirá, en lugar do importe anterior, 52 ECU por cabeza subvencionable.

d) Para a prima en beneficio dos productores de ovino e caprino, os que estableza a Comisión Europea por ovella e cabra, tendo en conta que o importe da prima ás cabras será do 80 por 100 do correspondente ós productores de cordeiros pesados.

Para os productores en zona desfavorecida, tal como se define na alínea 9 do artigo 5º, e de acordo co previsto no Regulamento (CEE) 1323/1990 os importes antes mencionados complementaranse mediante unha axuda específica de 6,641 ECU por ovella para os productores de cordeiros pesados e de 4,589 ECU por cabra.

4. A conversión dos importes dos pagamentos compensatorios, axudas e primas en moneda nacional efectuarase aplicando:

a) Nos pagamentos compensatorios e axudas por superficie, o tipo de conversión agrícola vixente o 1 de xullo de 1997.

b) Na prima especial e vaca nutriz, o tipo de conversión agrícola vixente o 1 de xaneiro de 1997.

c) Na prima por ovino e caprino, o tipo de conversión agrícola vixente, no que se refire a:

-Os anticipos, o 6 de xaneiro de 1997.

-O saldo, o 5 de xaneiro de 1998.

Artigo 35º.-Devolución de anticipos e pagamentos indebidos.

1. Cando os productores deban devolve-los anticipos recibidos ou calquera outro pagamento percibido indebidamente, deberán reembolsa-los seus importes xunto cos xuros correspondentes ó tempo transcorrido entre o pagamento e o dito reembolso. Os xuros calcularanse de acordo co tipo de xuro de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado vixente en 1997 e ó que se refire o artigo 58.2º da Lei xeral tributaria.

2. Non obstante, cando o pagamento indebido se realizase por erro imputable á Administración competente, non se aplicará ningún xuro.

Artigo 36º.-Financiamento das axudas.

O financiamento das axudas consideradas na presente orde realizarase, no exercicio 1997, con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614A.779, Axudas comunitarias a productores, derivadas da nova P.A.C., do proxecto de orzamentos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para 1997, dotado con 6.000 millóns de pesetas para este programa.

A aprobación definitiva das axudas está condicionada á aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1997, de conformidade coa Orde do 2 de xuño de 1986, de tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Artigo 37º.-Xestión de pagamentos.

A execución dos pagamentos das axudas ós beneficiarios en 1997 instrumentarase de acordo co establecido no convenio de prefinanciamento asinado entre a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o 15 de outubro de 1996.

Capítulo VI

Das relacións interadministrativas e do réxime de responsabilidade das administracións públicas

Artigo 38º.-Subministración de información.

1. De acordo co previsto polos artigos 4 e 9 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como o establecido no Real decreto 2206/1995, do 28 de decembro, polo que se regulan as actuacións interadministrativas relativas ós gastos da Sección Garantía do FEOGA, as distintas administracións públicas estarán obrigadas á subministración da información necesaria para a aplicación dos regulamentos comunitarios e, en especial, para

a súa comunicación á Comisión Europea por parte do Fondo Español de Garantía Agraria.

2. De acordo co establecido no Regulamento (CEE) 3508/1992, do consello, que establece o sistema integrado de Xestión e Control, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes adoptará as medidas necesaria para subministrar ó FEGA información para unha aplicación homoxénea do sistema en todo o territorio nacional.

Artigo 39º.-Corresponsabilidade financeira.

Para efectos das responsabilidades por incumprimento das obrigas derivadas de eventuais correccións financeiras ou das liquidacións definitivas das contas que dean lugar a restriccións financeiras terase en conta o previsto no artigo 13 do Real decreto 2206/1995.

Disposición adicional

O Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) actuará, dentro das súas competencias, como organismo xestor das axudas previstas na presente orde.

Así mesmo, as axencias de extensión agraria responsabilizaranse da tramitación das axudas referidas ás explotacións agrarias sitas no seu ámbito de actuación.

Disposición transitoria

As solicitudes formuladas ó abeiro da normativa nacional e comunitaria reguladora das axudas a productores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de vacún e dos que manteñen vacas nutrices en campañas anteriores, ás que non lles foi concedida a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite no que se atopaban ó remate do exercicio anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias e do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, no ámbito das súas competencias, para dicta-las normas precisas para un mellor cumprimento do disposto na presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO II

CODIFICACIÓN DE PRODUCTOS E GRUPOS DE CULTIVO

CódigoDescriciónGrupos de cultivo

01TrigoR10 cereais/R40 forraxes

04MilloR10 cereais/R40 forraxes

04Millo regadíoR32 millo regadío/R40 forraxes

05CebadaR10 cereais/R40 forraxes

06CenteoR10 cereais/R40 forraxes

08AveaR10 cereais/R40 forraxes

13TriticaleR10 cereais/R40 forraxes

19Outros cereaisR10 cereais/R40 forraxes

20Barbeito tradicionalR20 retirada

26Abandono forestación R2080/92R20 retirada

27Retirada obrigatoria fixa (*)R20 retirada

28Retirada obrigatoria non fixa (*)R20 retirada

29Retirada voluntaria (*)R20 retirada

33XiraxolR34 oleaxinosas/R40 forraxes

34SoiaR34 oleaxinosas/R40 forraxes

35Colza (*)R34 oleaxinosas/R40 forraxes

40ChícharosR35 proteaxinosas/R40 forraxes

41FabaR35 proteaxinosas/R40 forraxes

42Fabas lobasR35 proteaxinosas/R40 forraxes

43TremoceirosR35 proteaxinosas/R40 forraxes

50GaravanzosR36 leguminosas/R40 forraxes

51LentellasR36 leguminosas/R40 forraxes

52VezaR36 leguminosas/R40 forraxes

53Ervella bravaR36 leguminosas/R40 forraxes

54Otras leguminosas non en R2353/89R40 forraxes

60AlfalfaR40 forraxes/R50 f.desecados R.603/95

61Veza forraxeiraR40 forraxes/R50 f.desecados

62Praderías e pastos permanentesR40 forraxes/R50 f.desecados

63Outros forraxesR40 forraxes/R50 f.desecados

82RemolachaR60 outras utilizacións

90HortalizasR60 outras utilizacións

91FloresR60 outras utilizacións

92Outros cultivos herbáceosR60 outras utilizacións

93Liño non téxtilR70 liño non téxtil

(*) Consultar variedades

ANEXO III

CERTIFICACIÓN DE APROVEITAMENTO DE PASTOS EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN OU SIMILARES

Don/Dona

Presidente/Secretario da Xunta Rectora da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común

do lugar,

parroquia de, concello de,

CERTIFICO:

Primeiro.-Que o dito monte se corresponde cos seguintes datos catastrais:

ProvinciaConcelloPolígonoParcelaSuperficie catastral (ha)Superficie forraxeira (ha)

cunha superficie forraxeira total de.......................... ha.

Segundo.-Que Don/Dona

co DNI nº................... é veciño-comuneiro de dito monte, no que aproveita a superficie de* ha.

E para que así conste, e unicamente para efectos de declaración de superficies forraxeiras para obtención de primas gandeiras, previstas na normativa comunitaria

nacional e autonómica para a campaña 1997, expido a presente certificaciónn en, de de 1997.

Asdo.:

DNI nº

* Superficie total individual de cada comuneiro, dependendo do porcentaxe que lle corresponde da superficie total.

ANEXO IV

VARIEDADES DE RETIRADAS DE TERRAS

CódigoVariedade

901Sen cuberta vexetal
902Cuberta vexetal
903R (CEE) 334/1993 anexo I (cultivos anuais)
904R (CEE) 334/1993 anexo II (cultivos plurianuais)
905Remolacha azucreira,... R (CEE) 334/1993 Art. 2 bis
906Barbeito quinquenal complementario
907Abandono 20 anos 2078/1992
908Forestación R (CEE) 2080/1992

ANEXO V

ZONAS DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA NAS QUE SE UTILIZARÁN REFERENCIAS IDENTIFICATIVAS CORRESPONDENTES A PLANOS DE CONCENTRACIÓN

ProvinciaConcelloZona de concentración parcelaria

15 A Coruña1 AbegondoMabegondo-Cernada-Cabana
15 A Coruña1 AbegondoSarandóns (Sta. María)
15 A Coruña2 AmesBugallido-Biduído II
15 A Coruña2 AmesTapia I (Monte detrás da Coop.)
15 A Coruña2 AmesTapia II
15 A Coruña3 ArangaCambás
15 A Coruña6 ArzúaBranzá
15 A Coruña6 ArzúaCalvos
15 A Coruña6 ArzúaCampos
15 A Coruña6 ArzúaCastañeda-Rendal II
15 A Coruña6 ArzúaDombodán
15 A Coruña6 ArzúaMaroxo-Lema
15 A Coruña6 ArzúaOíns-Dodro
15 A Coruña6 ArzúaPantiñobre-Brandeso
15 A Coruña6 ArzúaViladavil-A Mella (Sta. Mª de Arzúa)
15 A Coruña6 ArzúaViñós-Tronceda
15 A Coruña10 BoimortoDormea (San Cristovo)
15 A Coruña11 BoiroMacenda (San Xoán)
15 A Coruña12 BoqueixónCodeso-Pousada II
15 A Coruña12 BoqueixónGastrar II (Sta. Marina)
15 A Coruña12 BoqueixónLestedo II
15 A Coruña14 CabanaDenillón-Agra Nova-Nantón
15 A Coruña21 CarralVigo (San Vicente e Sta. María)
15 A Coruña24 CercedaXesteda-Rodís
15 A Coruña26 CesurasCarres (San Vicente)
15 A Coruña26 CesurasProbaos (Sta. Eulalia)
15 A Coruña27 CoirósCoirós-Collantres-Leza-Arm.
15 A Coruña33 DodroDodro
15 A Coruña33 DodroDodro (Sta. María)
15 A Coruña33 DodroLaíño (San Xoán-San Xulián)
15 A Coruña36 FerrolCovas-Esmelle-Marmancón
15 A Coruña37 FisterraVal do Sardiñeiro
15 A Coruña38 FradesAbella II (San Esteban)
15 A Coruña38 FradesAiazo II (San Pedro)
15 A Coruña38 FradesAña-Ledoira II
15 A Coruña38 FradesFrades II (San Martiño)
15 A Coruña38 FradesGafoi III (Sta. María)

ProvinciaConcelloZona de concentración parcelaria

15 A Coruña38 FradesMoar II (Sta. Eulalia)
15 A Coruña38 FradesPapucín (Sta. María)
15 A Coruña38 FradesVitre-Céltigos II
15 A Coruña40 LaxeSerantes (Sta. María)
15 A Coruña42 LousameToxosoutos
15 A Coruña42 LousameVilacova
15 A Coruña43 Malpica

de Bergantiños

Cerqueda (San Cristobo)
15 A Coruña45 MazaricosArcos
15 A Coruña47 MesíaBascoi
15 A Coruña47 MesíaCabrui (San Martiño)
15 A Coruña47 MesíaCastro-Cumbraos
15 A Coruña47 MesíaOlas II
15 A Coruña47 MesíaVisantoña (San Martiño)
15 A Coruña47 MesíaXanceda-Mesía II
15 A Coruña54 NarónSedes (San Estebán)
15 A Coruña59 OrdesArdemil (San Pedro)
15 A Coruña59 OrdesBeán-Pereira II
15 A Coruña59 OrdesBuscas II (San Pelayo)
15 A Coruña59 OrdesLeira (Sta. María)
15 A Coruña59 OrdesMercurín-Lesta II
15 A Coruña59 OrdesMontaos II (Sta. Cruz)
15 A Coruña59 OrdesParada II (Sta. Marina)
15 A Coruña59 OrdesVilamaior-Barbeiros II
15 A Coruña63 Oza dos

Ríos

Rodeiro-Bandoxa
15 A Coruña64 PaderneVilamourel (S. Xoán) II
15 A Coruña65 PadrónEscravitude I
15 A Coruña65 PadrónEscravitude II
15 A Coruña66 O PinoCastrofeito
15 A Coruña66 O PinoCerceda-Cebreiro
15 A Coruña66 O PinoFerreiros (San Mamede-San Veris)
15 A Coruña66 O PinoLardeiros
15 A Coruña66 O PinoMedín
15 A Coruña66 O PinoO Pino (San Vicente)
15 A Coruña68 PontecesoA Ourada-Cores
15 A Coruña68 PontecesoAnallóns
15 A Coruña68 PontecesoBardaio-Riotorto-Cores
15 A Coruña68 PontecesoLimiñoa-Cores
15 A Coruña68 PontecesoTallo-Longueirón
15 A Coruña70 As Pontes

G. Rodrí.

Bermui
15 A Coruña70 As Pontes

G. Rodrí.

Ribadeume
15 A Coruña71 Porto do SonNebra
15 A Coruña76 San SadurniñoLamas
15 A Coruña77 Santa CombaAlón
15 A Coruña77 Santa CombaBazar (S. Mamed.)
15 A Coruña77 Santa CombaFontecada
15 A Coruña77 Santa CombaFreixeiro (San Félix)
15 A Coruña77 Santa CombaMontes de Frieiro
15 A Coruña77 Santa CombaMontouto (Sta. María)
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Aríns
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Busto-Verdía
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

César-Barciela
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Eixo-Marrozos
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Figueiras (Sta. Marina)
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Nemenzo-Marantes
15 A Coruña78 Santiago de

Compostela

Sabugueira-Carballal
15 A Coruña79 SantisoArcediag-Mour-Rairiz-Santiso
15 A Coruña79 SantisoBarazón (Sta. María)
15 A Coruña79 SantisoBeigondo (San Cosme)
15 A Coruña79 SantisoMonte Grande de Vimianzo
15 A Coruña79 SantisoPezobre (San Cristóbal)
15 A Coruña79 SantisoRibadulla (San Vicente)
15 A Coruña79 SantisoVisantoña (San Xoán)
15 A Coruña80 SobradoGrixalba (San Xulián)
15 A Coruña80 SobradoMonteagudo (Roade)
15 A Coruña80 SobradoO Casal-Grixalba
15 A Coruña81 SomozasSomozas (Santiago de Seré)
15 A Coruña82 TeoCacheiras-Rececende II
15 A Coruña82 TeoCalo II (San Xoán)
15 A Coruña82 TeoReis-Teo II
15 A Coruña84 TordoiaGorgullos
15 A Coruña84 TordoiaLeobalde
15 A Coruña84 TordoiaNumide
15 A Coruña84 TodoiaViladabade

ProvinciaConcelloZona de concentración parcelaria

15 A Coruña85 TouroBama II (San Vicente)
15 A Coruña85 TouroFao
15 A Coruña85 TouroFoxáns
15 A Coruña85 TouroLoxo-Enquer-Fuent-Rib. II
15 A Coruña85 TouroLoxo-Enquerentes-Fonter
15 A Coruña85 TouroNovefontes
15 A Coruña85 TouroPrevediños II (Santiago)
15 A Coruña85 TouroRibeira
15 A Coruña85 TouroTouro-Quión
15 A Coruña86 TrazoXavestre (San Cristovo)
15 A Coruña87 ValdoviñoLourido-Sequeiro
15 A Coruña87 ValdoviñoVal-Meiras-Lago II (Valdovi-Narón)
15 A Coruña88 Val do DubraErviñou (San Cristovo)
15 A Coruña88 Val do DubraVilariño (San Pedro)
15 A Coruña89 VedraPonte Ulla (Sta. Madanela)
15 A Coruña89 VedraRibadulla (Sta. Cruz-San Mamede
15 A Coruña89 VedraSarandón (San Miguel-San Pedro)
15 A Coruña89 VedraVilanova-Merín II
15 A Coruña92 VimianzoCereixo-Carnes
15 A Coruña92 VimianzoRego dos Podres (Berdoias)
27 Lugo1 AbadínQuende
27 Lugo3 Antas de UllaBarreiro
27 Lugo3 Antas de UllaReboredo
27 Lugo8 BóvedaVal de Lemos I.B.
27 Lugo20 FriolGándara-Fraga de Carballo
27 Lugo20 FriolSilvela
27 Lugo23 GuntínSanta Euxea
27 Lugo24 O IncioToldaos
27 Lugo28 LugoCamoira
27 Lugo30 MondoñedoArgomoso
27 Lugo30 MondoñedoLindín
27 Lugo31 Monforte de

Lemos

Val de Lemos I.B.
27 Lugo39 Outeiro de ReiCastelo
27 Lugo40 Palas de ReiOrosa
27 Lugo46 PolSilva-Eirón
27 Lugo51 RibadeoVilamariz II
27 Lugo51 RibadeoVilamariz
27 Lugo54 RiotortoFerreira Vella
27 Lugo55 SamosLourido Grande
27 Lugo55 SamosTeivilide
27 Lugo57 SarriáMato e Vega
27 Lugo58 O SaviñaoMonte de San Xumil
27 Lugo61 TrabadaMonte de Vilar
27 Lugo61 TrabadaTeixido e Rosal
27 Lugo61 TrabadaTrapa e Orrea
27 Lugo63 O ValadouroZona Centro
32 Ourense5 BaltarGarabelos-Bouzo
32 Ourense21 Castrelo do ValCastrelo (Santa María)
32 Ourense21 Castrelo do ValPepín (San Vicente)
32 Ourense47 A MercaPereira de Montes
32 Ourense48 A MezquitaCádavos (Santa María)
32 Ourense48 A MezquitaManzalvos (Santa María)
32 Ourense53 OímbraOímbra-Penelas
32 Ourense62 A PorqueiraPorqueira
32 Ourense77 SandiásCouso
32 Ourense77 SandiásPiñeira de Arcos
32 Ourense77 SandiásSandiás
32 Ourense78 SarreausNocelo
32 Ourense82 TrasmirasAbavidos
32 Ourense82 TrasmirasEscornabois
32 Ourense82 TrasmirasLobaces
32 Ourense82 TrasmirasTrasmirás
32 Ourense82 TrasmirasVilaseca
32 Ourense90 Vilar de SantosParada de Outeiro (Sta. María)
32 Ourense90 Vilar de SantosVilar de Santos (San Juan)
36 Pontevedra15 CuntisPiñeiro-Estacas (Sector 1)
36 Pontevedra15 CuntisPiñeiro-Estacas (Sector 3)
36 Pontevedra17 A EstradaArnois
36 Pontevedra17 A EstradaBarcala
36 Pontevedra17 A EstradaFrades
36 Pontevedra17 A EstradaNigoi
36 Pontevedra17 A EstradaParada (San Pedro)
36 Pontevedra17 A EstradaRibeira
36 Pontevedra20 A GoladaCarmoega
36 Pontevedra24 LalínMeixome
36 Pontevedra24 LalínMonte Campelo
36 Pontevedra24 LalínMonte Roxidoiro
36 Pontevedra24 LalínSenín
36 Pontevedra52 SilledaCira-Dornelas
36 Pontevedra52 SilledaTaboada-Villar
36 Pontevedra59 Vila de CrucesBodaño

ANEXO VI

NOTIFICACIÓN DE NON SEMENTEIRA DE MILLO, XIRASOL OU SOIA

O titular da explotación cos datos identificativos persoais que se reseñan a continuación:

Apelidos e nome ou razón social: NIF ou CIF:

Enderezo: Teléfono:

Código postal/concello: Provincia:

Apelidos e nome do cónxuge ou representante

legal: NIF:

Declara que:

Contrariamente ó indicado na solicitude de axuda «superficies», ano 199............, e declaración de superficies forraxeiras presentada en data..............

p Millo (*)

Non se sementou:p Xirasol (*) Na súa explotación

p Soia (*)

En, ......................... de de 199.............

Asdo.:

(*) Sinálese cunha «X» a casilla que proceda.

Sr. Director Xeral de Producción Agropecuaria

e II.AA.

ANEXO VII

NOTIFICACIÓN DE NON SEMENTEIRA DE MILLO DOCE

O titular da explotación cos datos identificativos persoais que se reseñan a continuación:

Apelidos e nome ou razón social: NIF ou CIF:

Enderezo: Teléfono:

Código postal/concello: Provincia:

Apelidos e nome do cónxuge ou representante

legal: NIF:

Declara que:

Contrariamente ó indicado na solicitude de axuda «superficies», ano 199............, e declaración de superficies forraxeiras presentada en data..............

Non sementou millo doce na súa explotación.

En , de de 199

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Producción Agropecuaria

e II.AA.

ANEXO VIII

LISTA DE RAZAS BOVINAS MENCIONADAS NO ARTIGO 5º.7

Angler Rotvieh (Ageln) - Rod dansk mlakerace (RMD).

Ayreshire.

Armoricaine.

Bretonne Pie-noire.

Fries-Hollands (FH), Francaise pie noire (FPN), Friesian-Holstein, Holstein, Black and White Friesian, Red and White Friesian, Frisona española, Frisona italiana, Zwartbonten van Belië/Pie noire de Belgique,

Sortbroget dansk mælkerace (SMD), Deutsche Shwarzbunte, Shwarzbunte Milchrasse (SMR).

Groninger Blaarkop.

Guernsey.

Jersey.

Kerry.

Malkeborthorn.

Reggiana.

Valdostana nera.

9486