Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 2 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, pola que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Ó non ser posible a notificación a Incanfi, S.L., con último domicilio coñecido en r/ D3, A Valenzá, Barbadás (Ourense), da resolución desta dirección

xeral pola que se lle require o importe de sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas.), en concepto de subvención percibida indebidamente, segundo expediente remitido pola Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, realízase pola presente cédula, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

Recurso de reposición diante do órgano que a dictou, segundo o establecido no R.D. 2244/1979.

Reclamación económico-administrativa diante do tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Miguel Ángel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e do Tesouro

9434