Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 25 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Alonso Lorenzo, Ana Mª e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan.

A diferencia de valor respecto á declarada resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre transmsións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra a presente notificación poderá interpoñe-los seguintes recursos: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficina 1ª planta, Vigo, ámbolos dous no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo, e no prazo, de non estar conformes coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo perante esta oficina liquidadora; de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado.

Vigo, 25 de novembro de 1996.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Pontevedra

ContribuínteEnderezoConceptoBase

Alonso Lorezo, Ana MªRedomeira 9, 1ºI, VigoABI TPAJD

Exp.13023/1994-A

5.590.025
Álvarez Esteban, Mª TeresaPi e Margall 85, 2º, VigoABI TPAJD

Exp.12105/1993-T

5.233.380
di Giosia Nieto, TeresaCoutadas 175, VigoABI TPAJD

Exp.413/1993-A

4.520.000
Pérez Barreiro, JosefaMóstoles 22, MadridABI TPAJD

Exp.1764/1993-T

8.947.756
Pérez Barreiro, José RamónAv. Fragoso 42, 3ºB, VigoABI TPAJD

Exp.1764/1993-T

8.947.756
Pérez Sio, Pilar ConcepciónAv. Balaídos 60, 4B, VigoABI TPAJD

Exp.1764/1993-T

8.947.756
Rivera López, ManuelErvedelo 60, 4ºB, OurenseABI TPAJD

Exp.4348/1992-A

9.000.000

9435