Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 25 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Alonso Chamorro, Mª Dolores).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica, e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1ºD da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación, aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, secretaría delegada de Vigo, r/ Lalín, nº 2, ou o potestativo de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1 portal oficinas, 1ª planta Vigo, ámbolos dous no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo, no prazo establecido para os recursos poderá promove-la práctica de taxación pericial contradictoria a dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra esta.

Vigo, 25 de novembro de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Alonso Chamorro, Mª DoloresPelamios, 14, 1º

Santiago de Compostela

102.667S-711/96 S e D

Exp. 138/1992

96-9450