Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 25 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica ás persoas que deberán aporta-la documentación requirida polo Servicio de Inspección Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (Bouzada Taboada, José e tres máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último domicilio coñecido que se indica, para que procedan a achega-los documentos requiridos polo Servicio de Inspección Tributaria.

Co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se citan deberán, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, xunta-la documentación solicitada perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1-portal oficinas, 2ª planta, Vigo. Transcorrido este sen que se cumpra co trámite, incorrerase nas responsabilidades que por infracción tributaria determina o artigo 78, da Lei xeral tributaria, do 28 de decembro de 1963, modificada pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174, do 22 de xullo), artigo 82.1º, con sancións de ata 200.000 pesetas, segundo o citado artigo.

Vigo, 25 de novembro de 1996.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoDocumentos

Bouzada Taboada, JoséCuba 24, VigoDNI, xustificante liquidación imposto TPAJD do 10-5-1991 protocolo 1705, Roberto Martínez. Escritura documento público obxecto liquidación.
Bugarín Gil, SusanaRamón Nieto 241, VigoDNI, xustificante liquidación imposto TPAJD do 14-5-1993 protocolo 1449, Alfonso Rodríguez. Escritura documento público obxecto liquidación.
Lomba Sanromán, S.L.Doctor Cadaval 33, 2ºB, VigoDNI, xustificante liquidación imposto TPAJD do 11-9-1991 protocolo 2771, Alfonso Rodríguez. Escritura documento público obxecto liquidación.
Vigo B, S.A.Av. Madrid 215, VigoDNI, xustificante liquidación imposto TPAJD do 17-4-1991 protocolo 1402, Roberto Martínez. Escritura documento público obxecto liquidación.

9447