Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 22 de novembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Giráldez Pérez, Manuel e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican, e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación, aprobados polo R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, secretaría delegada de Vigo, r/ Lalín, nº 2, ou o de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1 portal oficinas, 1ª planta Vigo, ámbolos dous no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo, no mesmo prazo e en corrección dos resultados de comprobación de valores promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

Vigo, 22 de novembro de 1996.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Giráldez Pérez, ManuelVilariño de Abaixo, 36

Nigrán

57.011T-478/96 TPAJD

Exp. 7676/1993

Martínez Pérez, SegundoTravesía de Vigo, 183, P-3,7-D

Vigo

30.060T-441/96 TPAJD

Exp. 17042/1988

Rodríguez Castaño, Félix V.Venezuela, 33, 10º

Vigo

420.245T-1421/91 TPAJD

Exp. 940/1989

96-9446