Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 442/1996, do 13 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto 129 P.O.L. 96 Barreiros C.P. Trabada-Barreiros (Remate).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 9 de febreiro de 1996, aprobou o proxecto de 129 P.O.L. 96 Barreiros C.P. Trabada- Barreiros (Remate) e na sesión do 28-2-1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12 de agosto de 1996 baixo o nº 7925.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de xuño de 1996, baixo o nº 6055.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque o presente proxecto finaliza o itinerario entre ámbalas localidades, o que supón unha notable mellora nas comunicacións locais, xa que para o seu enlace deberían facer un longo rodeo, ben por Lourenzá ou pola estrada N-640, e estas razóns sociais motivan dabondo o interese público que a deputación promove na mellora das comunicacións e que vén motivada polo interese público e social que supón a mellora das comunicacións intercomarcais e intermunicipais.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos

concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 129 P.O.L. 96 Barreiros C.P. Trabada- Barreiros (Remate).

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9598