Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 441/1996, do 13 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: Pantón: C.L. de Deade - Sios - Regueira - estrada N-120.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 19 de abril de 1996, aprobou o proxecto de Pantón: C.L. de Deade - Sios - Regueira - estrada

N-120 e na sesión do 29-4-1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A Deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9 de agosto de 1996 baixo o número 7899.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 22 de xullo de 1996, baixo o número 7405.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque o proxecto se encadra nun itinerario de grande interese para as comunicacións comarcais na zona sur da provincia de Lugo xa que os accesos e enlaces coa estrada N-120 constitúen un eixo vital da comarca que está sendo promocionada dado o seu interese paisaxístico e monumental polas administracións públicas, especialmente a Xunta de Galicia na Ruta do Románico e a Deputación de Lugo na ruta dos encoros, e por outra banda o itinerario completa anteriores actuacións da deputación, o que fai urxente o remate da obra para evita-la penosa impresión dunha estrada sen finaliza-lo correspondente enlace.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e trala deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día trece de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de Pantón: C.L. de Deade- Sios- Regueira- estrada N-120.

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9597