Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de novembro de 1996 pola que se autoriza a posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de hostelería de Pontevedra.

Creado por Decreto 398/1996 do 31 de outubro (DOG do 15 de novembro), o instituto de educación secundaria para impartir formación profesional específica da familia profesional de hostelería e turismo en Pontevedra.

Tendo en conta o establecido no artigo 2 de dito decreto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, á vista do informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

DISPÓN:

Autoriza-la posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Pontevedra, segundo os datos que figuran no anexo.

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Centro: instituto de educación secundaria de hostelería.

Código: 360P0N05.

Enderezo: Montecelo s/n.

Unidades: 9 unidades de formación profesional específica.

Ciclos formativos de grao medio da familia profesional de hostelería e turismo que se autorizan para o curso escolar 1996-1997:

-Cociña.

-Servicios de restaurante e bar.

Santiago de Compostela, 29 de novembro 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9490