Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de axudas para a formación cooperativa, promoción, mellora de xestión e consolidación das cooperativas agrarias.

Advertidos erros no texto da devandita orde publicada no DOG nº 232, do mércores 27 de novembro de 1996, procede face-las oportunas correccións:

-Na páxina 10.661, no artigo 21º, no derradeiro parágrafo, onde di: «... Só serán atendibles cando se realicen no ano que corre.», debe dicir: «... Só serán atendibles cando se realicen no ano 1997.».

-Na páxina 10.662, no artigo 30º, no derradeiro parágrafo, onde di: «... O prazo de presentación destas concluirá o día 28 de febreiro do ano que corre.», debe dicir: «... O prazo de presentación destas concluirá o día 28 de febreiro de 1997».

-Na páxina 10.663, no artigo 37º, onde di: «Os investimentos deberán estar realizados no presente exercicio, agás o referente ás contratacións de persoal que, aínda que formalizadas necesariamente no corrente ano,...», debe dicir: «Os investimentos deberán estar realizados ó longo de 1997, agás o referente ás contratacións de persoal que, aínda que formalizadas necesariamente no ano 1997,...».

9594