Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Martes, 31 de decembro de 1996 Páx. 12.072

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 438/1996, do 20 de decembro, sobre asunción de funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 2397/1996, do 22 de novembro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Polo Real decreto 2397/l996, do 22 de novembro, transpasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios que, dentro do seu territorio,

viña desempeñando a Administración central do Estado en materia de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa tales funcións e servicios, dentro do marco normativo vixente, asignándollelas ós órganos correspondentes.

Por iso, e por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción do traspaso.

Quedan asumidos os bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e os créditos orzamentarios traspasados pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza mediante o Real decreto 2397/l996, do 22 de novembro, nos termos e condicións especificados no acordo da comisión mixta de transferencias do l de novembro de l996, publicado como anexo ó citado real decreto.

Artigo 2º.-Asignación de funcións e servicios.

1.-Asígnanselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais as funcións, servicios e medios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior.

2.-Os órganos da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerán as atribucións que lles correspondan conforme as normas que regulen a súa estructura.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9371