Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Luns, 30 de decembro de 1996 Páx. 11.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 16 de decembro de 1996, aprobou o seguinte acordo:

1. Dar cumprimento á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 16 de maio de 1996, que anulou o acordo plenario do 8 de marzo de 1993, recaído en relación ó proxecto de compensación do Paseo das Pontes en canto que non considera o aproveitamento urbanístico correspondente ós propietarios coa obrigación de cederlle ó 15% do aproveitamento á Administración.

2. En consecuencia cómpre rectifica-lo devandito acordo plenario no sentido de que, se ben se mantén a estructura actual do proxecto de compensación,

correspóndelle á Administración municipal o 15% do aproveitamento das unidades de execución.

3. Posto que o proxecto de compensación foi inscrito no Rexistro da Propiedade e, segundo o artigo 184 do Regulamenteo de xestión urbanística, as resolucións xudiciais posteriores a el que impoñan rectificacións refléctense na conta de liquidación definitiva en forma de indemnizacións substitutorias, acórdase tamén aproba-las porcentaxes de cesión e valoracións correspondentes.

4. Esixirlles ós propietarios adxudicatarios de soares edificables aval bancario polo importe correspondente ás súas respectivas cotas, en garantía do pagamento efectivo que no seu momento deba realizarse.

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

A Coruña 19 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado

9545